Bótox
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "toxina botúlica" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
O bótox (Botox ®) é un fármaco cunha estrutura de toxina botulínica tipo A.
Historia[editar | editar a fonte]
Algúns investigadores observaron nas súas investigacións nos anos 1950 que ao lle inxectar aos músculos cantidades moi pequenas da toxina botulínica tipo A diminuía a actividade muscular por bloqueo da acetilcolina na función neuromuscular, obtendo un músculo non dado a se contraer durante un período de catro a seis meses.
Alan Scott, oftalmólogo de San Francisco, empregou por primeira vez doses da toxina, para tratar estrabismo, mais precisou un socio para acadar a aprobación regulatoria do seu descubrimento como droga. Allergan Inc., unha pequena compañía farmacéutica que traballaba nas terapias dos ollos e produtos para lentes de contacto, mercou os dereitos da droga no 1988 e recibiu a aprobación da FDA no 1989. Allergan renomeou a droga como Bótox.
Tratamentos[editar | editar a fonte]
Ademais do seu emprego cosmético, Bótox serve nos tratamentos das:
- migrañas.
- distonía cervical (desorde neuromuscular na cabeza e no pescozo).
- blefaroespasmo (contracción involuntaria do músculo ocular).
- hiperhidrose severa da axila (suoración extrema).
Outros empregos da toxina botulímica tipo A, non aprobada pola FDA, inclúe:
- Incontinencia urinaria.
- Fisura anal.
- Desordes espásticos asociados con lesións ou enfermidades do sistema nervioso central incluíndo trauma, esclerose múltiple, dano cerebral.
- Distonía focal nos papos, cara, mandíbula, cordas vocais.
- Dor temporomandibular.
En abril de 2002 obtivo a aprobación oficial no Estados Unidos para ser aplicado con fins estéticos. As vendas subiron de xeito exponencial.
Ten unha duración temporal: o efecto mantense de 3 a 6 meses. Despois cómpre unha renovación da dose. Posúe, amais, algúns efectos secundarios como reaccións alérxicas, rixidez da face, náuseas.
Elabórase a partir da toxina do botulismo, mais en pequenas proporcións. A fórmula para a súa elaboración é hoxe un segredo. Isto deixou manter o monopolio no desenvolvemento deste fármaco.