Ganso de Hawai
Aparencia
(Redirección desde «Branta sandvicensis»)
Ganso de Hawai | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Branta sandvicensis' (Vigors, 1833) |
O ganso de Hawai (Branta sandvicensis), tamén coñecido coma nēnē na lingua hawaiana, é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae endémica das illas Hawai.
Adaptada a unha vida terrestre entre os paraxes volcánicos, estivo a punto de se extinguir a mediados do século XX pola introdución de porcos, ratas e gatos nas illas (caso común entre todos os endemismos insulares); dunha poboación salvaxe de 25.000 individuos pasouse a só 34 nos anos cincuenta. Por sorte para a especie é doada a súa reprodución nos zoolóxicos, onde hoxe son máis abundantes que no seu propio medio natural.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Branta sandvicensis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 31 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ganso de Hawai |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ganso de Hawai |