Broquesiinos
Brookesiinos Brookesiinae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brookesia micra | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos brookesiinos (Brookesiinae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, unha das dúas nas que se subdivide a familia dos camaleónidos (a outra é a dos camaleoninos).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1986 polos herpetólogos alemáns Charles J. Klaver e Wolfgang Böhme.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico, Brookesiinae, está formado, como é a norma, sobre a base da raíz do nome do xénero tipo, Brookesia, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio das subfamilias de animais.
Controversias taxonómicas
[editar | editar a fonte]Na primeira clasificación de Klaver e Böhme, a subfamilia dos Brookesiinae incluía os xéneros Brookesia e Rhampholeon, así como os dous xéneros que despois se separaron deles (Palleon e Rieppeleon),[2] mentres que a dos Chamaeleoninae incluía os xéneros Bradypodion, Calumma, Chamaeleo, Furcifer e Trioceros, así como outros xéneros despois divididos (Archaius, Nadzikambia e Kinyongia). Porén, nese momento, a validez desta clasificación en dúas subfamilias foi obxecto de moitos debates,[3] considerando que a maioría dos estudos filoxenéticos apoiban a idea de que os camaleóns pigmeos da subfamilia dos Brookesiinae non son un grupo monofilético.[4][5][6][7]
Porén, en 2015, Glaw reformulou a división subfamiliar situando só os xéneros Brookesia e Palleon dentro da subfamilia dos Brookesiinae, situándose todos os demais xéneros na dos Chamaeleoninae.[8]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na actualiade, na subfmilia recoñécene os dous xéneros seguintes:
Características, distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Os brookesiinos son camaleóns moi pequenos, xa que o seu tamaño oscila entre os 23 e os 29 mm de Brookesia micra até os 9 cm da maioría das especies. A súa cola é rudimentaria, e normalmente só alcanza uns milímetros de lonxitude, non é prénsil como a dos camaleóns vrdadeiros (a subfamilia dos camaeleoninos). Caracterízanse polas súas cores apagadas, principalmente pardas ou verdes, en contraste cos seus parentes, que adoitan teren cores máis vivas.[Cómpre referencia]
Encóntranse na África central e Madagascar. Teñen hábitos terrestres ou poden atoparse nos niveis máis baixos de zonas arbustivas.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Klaver, C. & Böhme, W. (1986): "Phylogeny and classification of the Chamaeleonidae (Sauria) with special reference to hemipenis morphology". Bonner Zoologische Monographien 22: 1–64.
- ↑ Subfamily Brookesiinae no ITIS.
- ↑ Tilbury, Colin (2010). Chameleons of Africa, An Atlas including the chameleons of Europe, the Middle East and Asia. Frankfurt: Edition Chimaira. ISBN 978-3-8997-3451-5.
- ↑ Townsend, T.; Larson, A. (2002). "Molecular phylogenetics and mitochondrial genomic evolution in the Chamaeleonidae (Reptilia, Squamata)". Molecular Phylogenetics and Evolution 23 (1): 22–36. PMID 12182400. doi:10.1006/mpev.2001.1076.
- ↑ Raxworthy, C. J.; Forstner, M. R. J.; Nussbaum, R. A. (2002). "Chameleon radiation by oceanic dispersal" (PDF). Nature 415 (6873): 784–787. PMID 11845207. doi:10.1038/415784a.
- ↑ Townsend, T. M.; Tolley, K. A.; Glaw, F.; Böhme, W.; Vences, M. (2011). "Eastward from Africa: Palaeocurrent-mediated chameleon dispersal to the Seychelles islands". Biological Letters 7 (2): 225–228. PMC 3061160. PMID 20826471. doi:10.1098/rsbl.2010.0701.
- ↑ Tolley, K. A.; Townsend, T. M.; Vences, M. (2013). "Large-scale phylogeny of chameleons suggests African origins and Eocene diversification". Proceedings of the Royal Society B 280 (1759): 20130184. PMC 3619509. PMID 23536596. doi:10.1098/rspb.2013.0184.
- ↑ Glaw, F. (2015): "Taxonomic checklist of chameleons (Squamata: Chamaeleonidae)". Vertebrate Zoology 65' (2): 167–246.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Broquesiinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Broquesiinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1.
- Le Berre, François & Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3.