Saltar ao contido

Cándido Tafalla Froiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCándido Tafalla Froiz
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor en Wikidata
Besexos, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xuño de 1937 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 452

Cándido Tafalla Froiz, nado en Besexos (Vila de Cruces) en 1898 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Administrador do Hotel Estrella da Estrada. En 1931 foi elixido vogal da directiva do Centro Republicano estradense.[1] Despois militou en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 20 de xullo desprazouse a Pontevedra xunto co tenente de alcalde Ramón Fernández Rico. Despois foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión con Jesús Puente Fontanes, Ramón Fernández Rico, José Rodríguez Sangiao, José María Pena López e Manuel Nogueira González, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra na subida a Monte Porreiro, no km 1 da Avda. de Buenos Aires.

  1. El Emigrado, 28-2-1931, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]