Club Baloncesto Sarria
Club Baloncesto Sarria | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Primeira División Sénior Masculina |
Fundación | 1987 |
Cores | Amarelo e azul royal |
Presidente | Francisco Alfonso García Conde |
Adestrador | Jorge López Villaumbrales |
Localización | |
Cidade | Sarria, Galiza |
Pavillón | Novo Pavillón do Chanto (600 espectadores) |
http://www.cbsarria.com/ |
O Club Baloncesto Sarria é un equipo de baloncesto da vila de Sarria. Competiu durante moitas tempadas na liga EBA, se ben actualmente o primeiro equipo masculino xoga na Primeira División Sénior Masculina, e o feminino na Primeira División Autonómica Feminina, máximas categorías do baloncesto galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O Club Baloncesto Sarria constituíuse legalmente en xullo de 1987, mais xa a principios dos anos 80 viña participando en diversas competicións de ámbito provincial e autonómico.
Con anterioridade ao ascenso á liga EBA, o CB Sarria permaneceu 15 anos ininterrompidamente na Primeira División Nacional (anteriormente denominada 2ª división), sendo sempre a base do equipo os xogadores saídos da canteira, chegando a formar parte do equipo de liga EBA seis xogadores da canteira.
Instalacións
[editar | editar a fonte]O Club Baloncesto Sarria disputa os seus partidos no Novo Pavillón do Chanto, situado na zona escolar e deportiva da vila de Sarria.