Carlos Baliñas Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1961 (63 anos) León, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Familia | |
Pai | Carlos Baliñas |
Carlos Baliñas Pérez, nado en León o 8 de marzo de 1961, é un escritor e historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse en Vigo, Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid e novamente Santiago de Compostela, seguindo a traxectoria profesional do seu pai Carlos Baliñas Fernández. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Historia Medieval en 1984 e se doutorou en 1990.
Foi bolseiro do Consello da Cultura Galega (1986-87) e bolseiro de investigación da Xunta de Galicia (1987-88). No 1992 exerceu como profesor -bolseiro visitante da British Academy. En 1988 comezou a traballar como docente e investigador no campus de Lugo da USC, como profesor axudante de Historia Medieval (1988-93), converténdose en Profesor Asociado (1996-99) e dende 1999 en Profesor Titular. Foi secretario e vicedecano da Facultade de Humanidades de Lugo (2000-2003).
Socio numerario da Sociedad Española de Estudios Medievales e Vocal da Comisión Territorial de Patrimonio de Lugo da Xunta de Galicia.
Casado con Carmen Martí, ten dous fillos.
Obra
[editar | editar a fonte]- Defensores e traditores: un modelo de relación entre poder monárquico e oligarquía nobiliar na Galicia altomedieval (718-1037), Santiago de Compostela, 1988.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X.
- Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia da alta Idade Media, Santiago de Compostela, 1992.
- Gallegos del año mil, A Coruña, 1998.
Amais destes libros, ten publicados diversos traballos de investigación sobre a historia social de Galicia (700-1100 d.C.) e sobre a sociedade urbana do Lugo medieval.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Baliñas Pérez, Carlos". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 50-51. ISBN 84-8064-113-4.