Carlos Barros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlos Barros Guimeráns 3 de xullo de 1946 (78 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Revolta Irmandiña e Historia de Galicia |
Ocupación | historiador |
Xénero artístico | Historia |
Premios | |
Sitio web | cbarros.com |
Carlos Barros Guimeráns, nado en Vigo o 3 de xullo de 1946, é un historiador galego especialista en historia medieval de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlos Barros estudou na súa cidade natal e en Madrid enxeñería técnica industrial, nesta última cidade comezou a militar no PCE (1968) e ao remate dos seus estudos e a volta a Galicia no PCG, partido do que foi membro do seu comité central e secretario de relacións políticas. Foi detido en Ourense en maio de 1971 acusado de asociación ilícita e posto a disposición do Tribunal de Orde Pública[1]. Nas eleccións de 1977 foi o número dous da candidatura do PCE pola provincia de Pontevedra, pero non resultou elixido.[2] Licenciouse en Xeografía e Historia en 1986, e obtivo en 1988 o doutoramento coa tese, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios. Exerce como profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela dende 1990.
Obras historiográficas
[editar | editar a fonte]- A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988.
- Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
- ¡Viva el-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996.
- Historiografía fin de siglo, Santiago de Compostela, 1996.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Vanguardia, 26-5-1971, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-4-1977, p. 13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Barros Guimeráns, Carlos". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 60. ISBN 84-8064-113-4.