Cabozoos
Aparencia
(Redirección desde «Cabozoa»)
Cabozoa | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Supergrupos | |||||||
Os cabozoos (Cabozoa) son un clado de Eukarya proposto por Cavalier-Smith para agrupar aos grupos Rhizaria e Excavata.[1][2] Segundo esta clasificación, Cabozoa orixinouse cando o antepasado común de Excavata e Rhizaria adquiriu os cloroplastos por medio da inxestión e establecemento de endosimbiose cunha alga verde con clorofilas a e b. Este proceso de endosimbiose secundaria (mestura de dúas células eucariotas) reflíctese na topoloxía máis complexa das membranas que rodean os cloroplastos.
Non todos aceptan que o grupo sexa monofilético. As investigacións máis recentes tenden a situar a Rhizaria cos Alveolata e heterocontas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ T. Cavalier-Smith (2002). "The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa" (PDF). International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 52: 297–354. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2007. Consultado o 06 de maio de 2013.
- ↑ T. Cavalier-Smith (2003), Genomic reduction and evolution of novel genetic membranes and protein-targeting machinery in eukaryote-eukaryote chimaeras (meta-algae) Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine., Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci. 2003 January 29; 358(1429): 109–134. doi: 10.1098/rstb.2002.1194.
- ↑ Burki F, Shalchian-Tabrizi K, Minge M, Skjæveland Å, Nikolaev SI; et al. (2007). "Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups". PLoS ONE 2 (8: e790). doi:10.1371/journal.pone.0000790.