Fervenza
Aparencia
(Redirección desde «Cadoiro»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fervenza (homónimos).
Vexa a entrada do Galizionario acerca de fervenza |
Unha fervenza[1], tamén denominada abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga ou seimeira é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.
Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.
Unha gran fervenza recibe o nome de catarata[2] mentres que unha pequena denomínase cachoada[3], ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fervenza en Meira
-
Fervenza en Samos
-
Fervenzas do río Toxa.
-
Fervenza no río Belelle
Cataratas
[editar | editar a fonte]- As cataratas do Niágara no estado de Nova York (Estados Unidos)
- As cataratas do Iguazú na fronteira entre a Arxentina e o Brasil
- Fervenza do Tequendama, en Cundinamarca, Colombia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fervenza.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catarata.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachoada.