Saltar ao contido

Leite callado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Callada»)
Leite callado

Nome orixinalcuajada, Kallatua, gaztanbera, mamiya e mamia Editar o valor en Wikidata
Tiposobremesa e Produtos lácteos Editar o valor en Wikidata
Pratosobremesa Editar o valor en Wikidata
Gastronomíagastronomía de España Editar o valor en Wikidata
Orixe
País de orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
TasteAtlasEditar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O leite callado, leite preso[1] ou callada[2] é unha sobremesa láctea elaborada de dúas posíbeis maneiras, a partir dos microorganismos do leite ou a partir de lévedo (dun animal lactante ou de cardo).

Características

[editar | editar a fonte]

A primeira maneira de obtelo, máis habitual nos usos gandeiros tradicionais galegos, consiste en deixar unha pota de leite a carón da cociña para que fermente cos seus propios microorganismos, baixo o efecto dunha temperatura morniña.

A segunda maneira consiste en obter o callado do leite polo efecto dun fermento (callo) extraído do estómago dun animal en período de lactación ou un tipo de cardo.

No País Vasco é coñecida como gatzatua ou mamia e na zona norte de Navarra como gaztanbera.

Trátase dun produto similar en contidos nutritivos ao leite.

Se se lle escorre o soro ao leite preso obtense requeixo.

  1. "leite callado / leite preso; véxase 'expresións con leite'". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-03-28. 
  2. "callada". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-03-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]