Camiño (libro)
Camiño (libro) | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Camino e Consideraciones Espirituales |
Autor/a | Xosemaría Escrivá de Balaguer |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Tema(s) | relixión |
Data de pub. | 1934 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Camiño é un libro escrito por san Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei. Foi publicado por primeira vez en Cuenca no 1934, baixo o título de Consideraciones Espirituales.
Na seguinte edición, publicada en Valencia en 1939, o libro foi ampliado e recibiu o título de Camiño. Leva vendidas preto de 5 000 000 copias en 471 edicións en 51 linguas, o que fai deste libro nunha das obras máis editadas do seu xénero.[1][2]
Temática
[editar | editar a fonte]Camiño consta de 999 puntos para a meditación persoal que abordan diferentes aspectos da vida cristiá: oración, traballo, virtudes, apostolado etc. Os textos, froito da propia oración do seu autor e da súa experiencia sacerdotal, están redactados nun ton coloquial e directo, con frases curtas e incisivas. É a obra máis popular de San Xosemaría Escrivá.

A principal fonte literaria de Camiño son os Evanxeos.
Ademais, o autor emprega textos dos Pais Antigos, os clásicos da espiritualidade (Santa Tareixa de Xesús, San Xoán da Cruz, Santa Catarina de Siena ou Santa Tareixa de Lisieux), e tamén dos grandes autores da literatura castelá, entre outros Miguel de Cervantes e Calderón de la Barca.[3]
En galego
[editar | editar a fonte]A versión galega do libro apareceu en 1968.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Obras de San Josemaría Escrivá, fundador del Opus Dei". www.escrivaobras.org. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Camino. (Agenda, rústica)". www.rialp.com (en castelán). Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Obras de San Josemaría Escrivá, fundador del Opus Dei". www.escrivaobras.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2013. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "La página web del Opus Dei en gallego". opusdei.org (en castelán). Consultado o 2019-12-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Escrivá de Balaguer, J., Camino.
- Escrivá de Balaguer, Josemaría. (2001). Camino (72a ed.). Madrid: Rialp. ISBN 978-84-321-3356-5. OCLC 49759221.
- Escrivá de Balaguer, Josemaría, Saint (2002). Camino = The way : Spanish text and English translation (Annotated ed. ed.). Leominster: Gracewing. ISBN 978-0-85244-566-2. OCLC 51316828. (edición bilingüe e anotada)
- Escrivá de Balaguer, Josemaría, Saint (2004). Camino (3a. edición, corregida y aumentada ed.). Madrid. ISBN 978-84-321-3503-3. OCLC 60460951.
- Estudios sobre Camino : colección de estudios. Madrid: Ediciones Rialp. 1988. ISBN 84-321-2453-2. OCLC 20492256.}
- En torno a la edición crítica de Camino : análisis y reflexiones. Madrid: Ediciones Rialp. 2003. ISBN 978-84-321-3453-1. OCLC 52529534.