Comarca de La Campiña
A Campiña del Henares, ou simplemente La Campiña, é unha comarca española situada entre o leste da Comunidade de Madrid e o oeste da provincia de Guadalaxara, tendo como límites a beira esquerda do río Jarama e a dereita do río Henares. Tamén aparece ás veces nomeada como Campiña entre o Henares e o Jarama.
Topografía
[editar | editar a fonte]Caracterízase por ser unha zona de anchas terrazas fluviais cun terreo suavemente ondulado e chans ricos nos que tradicionalmente practicouse de forma predominante a agricultura de secaño, sobre todo o cereal, salvo nalgunhas veigas onde subsiste escasamente o regadío, nunha altura media duns 650 m s. n. m.
A industrialización de Madrid e o paso polo sur da comarca da estrada radial N-II (hoxe A-2) e da liña de ferrocarril Madrid-Barcelona produciu a mediados do século XX a chegada e expansión da industria ao chamado Corredor del Henares converténdose no principal motor económico da comarca.
Os principais núcleos de poboación son Alcalá de Henares, Torrejón de Ardoz, Guadalaxara e Azuqueca de Henares, cidades amplamente industrializadas e ben provistas de servizos. Nas súas veigas asíntanse outras localidades en ampla expansión que crecen ben como cidades dormitorio de Madrid, ben pola máis tardía industrialización, destacando Ajalvir, Algete, Camarma de Esteruelas, Cobeña, Daganzo de Arriba, Fuente el Saz de Jarama ou Talamanca de Jarama, no lado de Madrid, onde o crecemento chegou antes, e Alovera, Yunquera de Henares, Marchamalo, Cabanillas del Campo, El Casar, Humanes, Torrejón del Rey, Galápagos, Uceda ou Villanueva de la Torre, no lado de Guadalaxara, que empezou a crecer en poboación sobre todo a finais dos anos 90.[1][2]
Divídese en dous partes, que á súa vez adoitan ser denominadas tamén comarcas, divididas polo límite entre a Comunidade de Madrid ao oeste e Castela-A Mancha ao leste:
- Campiña de Alcalá
- Campiña de Guadalaxara
O termo "veiga" non é estritamente sinónimo de "campiña" (no DRAE "veiga" defínese como parte de terra baixa, chaira e fértil, e adoita referirse aos prados inundables próximos a un río). Co nome de Vega del Henares tamén ten uso institucional, e en estudos faunísticos.[3][4]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Corredor del Henares
- Cuenca del Henares
- Roteiros por Alcalá de Henares
- Fauna e flora de Alcalá de Henares
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez Mendoza, Josefina (1977). Agricultura y expansión urbana. La campiña del Bajo Henares en la aglomeración de Madrid (en castelán). Madrid: Madrid: Alianza.
- ↑ Gómez Mendoza, Josefina (1984). Las relaciones campo-ciudad en la provincia de Madrid (en castelán). Madrid: Anales de Geografía de la Universidad Complutense.
- ↑ Mangas Morales, Roberto (2006). Vertebrados. En: Guías de fauna de la vega del Henares y de la Campiña. Guadalajara. ISBN 978-84-96236-86-8.
- ↑ Mangas Morales, Roberto (2005). Aves. Guadalajara. Guadalajara. ISBN 978-84-96236-50-9.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Herrera Casado A. La Campiña del Henares. Guadalajara: Aache Ediciones; 2008. ISBN 978-84-96885-33-2 (en lingua castelán)