Campo de las Naciones
O Campo de las Naciones é un espazo situado no barrio de Corralejos do distrito de Barajas, en Madrid. Está dedicado á localización de diversas empresas, ademais do Palacio Municipal de Congresos,[1] as instalacións do Ifema (Feira de Madrid)[2] e o Parque Juan Carlos I.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Nos anos 80 do século XX decídese adaptar esta área para o turismo, os negocios e os congresos. En 1988 crearase unha empresa pública municipal chamada Campo de las Naciones para as infraestruturas de congresos e outros eventos que se celebrasen en edificios (sobre todo desa zona) adscritos a este ente. En 1991 inaugurarase na zona as novas instalacións feirais do Ifema. No ano 2006 a empresa Campo de las Naciones xestionaba xa o Palacio Municipal de Congresos, o Madrid Arena, o auditorio do Parque Juan Carlos I, o edificio Apot e os pavillóns do Recinto Feiral da Casa de Campo. Ese mesmo ano a empresa pública cambiará o seu nome por Madrid Espacios y Congresos S.A.[3], que á súa vez adoptará o nome comercial de Madridec. Posteriormente, Madridec pasou tamén a xestionar un pavillón deportivo chamado a Caja Mágica, que acolleu eventos a partir de 2009.[4] Madridec crebou en 2013 e o Concello fíxose cargo das súas débedas e dos seus activos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Rey inaugurará hoy el nuevo recinto ferial, que acogerá cuatro millones de visitas". El País. 20 de decembro de 1991.
- ↑ Daniel Sänchez y Beatriz Lucas (10 de xullo de 2005). "La candidatura que pudo cambiar un distrito". El País.
- ↑ "La empresa Campo de las Naciones cambia su nombre por Madrid Espacios y Congresos". El País. 9 de maio de 2006.
- ↑ J. Sérvulo González (30 de agosto de 2010). "La Caja Mágica ha costado casi 300 millones, más del doble de lo previsto". El País.
- ↑ Bruño García Gallo (30 de xullo de 2013). "La quiebra de Madridec deja otro agujero de 400 millones al Ayuntamiento". El País.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campo de las Naciones |