Cancioneiro da Biblioteca Vaticana
O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (códice Vat. Lat. 4803), tamén coñecido como V,[1] é unha colectánea de 1200[2] cantigas medievais escritas en galego-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir), que se conserva na Biblioteca Apostólica Vaticana de Roma.
Características
[editar | editar a fonte]É un manuscrito cartáceo copiado conxuntamente co Colocci-Brancuti por orde de Angelo Colocci no final do século XV ou ben nos primeiros anos do XVI. Está composto por 228 folios de 300 por 220 mm. numerados do 1 ao 10 e despois novamente de 1 a 200, e tamén de 18 folios sen numerar, con frecuentes lagoas. A escritura é cursiva e irregular, parece que foi feita pola man dun amanuense non profesional que empregou unha tinta especialmente corrosiva, encontramos aínda unha outra man á que debemos as rúbricas atributivas e as postilas -menos numerosas que no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)- identificábel coa de Colocci. Hai indicios de que entre B e V mediou un outro manuscrito cuxa elaboración sería tamén dirixida polo humanista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tavani, Giuseppe, A poesía lírica galego-portuguesa, 2ª ed., Ed. Galaxia, 1988, p. 56.
- ↑ Monteagudo, Henrique et al. Tres poetas medievais da ría de Vigo. Galaxia. 1998, p. 51.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cancioneiro da Biblioteca Vaticana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pena, X. R. (2002). Historia da literatura medieval galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. pp. 107 e 112–121.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brea, Mercedes (1997). "Las anotaciones de Angelo Colocci en el Cancionero de la Biblioteca Vaticana". Revista de Filología Románica (en castelán) (UCM) 1 (14): 515–519.