Carlos Barrera
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1950 Vielha, España |
Morte | 7 de abril de 2022 (71 anos) |
Síndico de Arán | |
18 de xuño de 2011 – 18 de xuño de 2019 ← Paco Boya – Paco Boya → | |
Síndico de Arán | |
7 de xuño de 1995 – 18 de xuño de 2007 ← Amparo Serrano Iglesias – Paco Boya → | |
Vielha e Mijaran city councillor (en) | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Convergéncia Democratica Aranesa - Partit Nacionalista Aranés |
Carlos Barrera Sánchez, nado en Vielha (Lleida) o 3 de decembro de 1950 e finado no mesmo lugar o 7 de abril de 2022,[1] foi un político aranés afiliado a Convergéncia Democratica Aranesa. Foi Síndico de Arán entre 1995 e 2007 e dende maio de 2011 ata o 18 de xuño de 2019, ano en que se retirou da política.[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlos Barrera naceu na capital do Val de Arán en 1950. Na década de 1960 trasladouse coa súa familia a Barcelona, onde estudou mestría industrial. Traballou en FECSA antes de volver en 1972 ao Val de Arán.
Durante a transición formou parte da asociación de veciños Es Tersús e de Unitat d'Aran, partido co que se presentou ás eleccións municipais españolas de 1979, resultando concelleiro do concello de Vielha. Cando esta formación pasou a formar parte do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) deixou a política ata 1995.
En 1995 presentouse como candidato a Síndico de Arán por Convergéncia Democratica Aranesa e saíu elixido por maioría absoluta. Repetiu nas eleccións de 1999 e 2003 tamén con maioría absoluta. En 2007 gañou as eleccións Unitat d'Aran, que gobernou grazas ao apoio do PRAG. En 2011, CDA volveu acadar a maioría absoluta con Carlos Barrera como candidato, e revalidouna en 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Amparo Serrano Iglesias |
Síndico de Arán 1995-2007 |
Sucesor: Francés Boya Alòs |
Predecesor: Francés Boya Alòs |
Síndico de Arán 2011-2019 |
Sucesor: Francés Boya Alòs |