Carlos Almuíña
Aparencia
(Redirección desde «Carlos Almuíña Díaz»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1946 (78 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Carlos Almuíña Díaz, nado en Santiago de Compostela o 18 de febreiro de 1946 é un arquitecto galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor de Debuxo técnico e autor do libro Debuxo Técnico COU[2] publicado en 1983. Foi presidente da delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Santiago entre os anos 1999 e 2007. Formou equipo cos arquitectos Rafael Baltar Tojo e José Antonio Bartolomé, realizando numerosos proxectos. Colaborou con artigos sobre arquitectura na Gran Enciclopedia Gallega, en A Nosa Terra e en revistas de arquitectura como Obradoiro.
Obras
[editar | editar a fonte]- Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela (1993-1995). En colaboración cos arquitectos Rafael Baltar e José Antonio Bartolomé Argüelles.[3]
- Ampliación da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela. En colaboración cos arquitectos Rafael Baltar e José Antonio Bartolomé Argüelles.
Premios
[editar | editar a fonte]- Accésit no VII Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela.[4]
- Mención no IX Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Ampliación da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela.[5]
- Seleccionado para o IV Premio Julio Galán Carvajal coa obra Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía en Galegos.info
- ↑ Almuíña Díaz , Carlos (1983). Debuxo Técnico COU. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-89138-37-0.
- ↑ COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 12-15.
- ↑ VII Premio COAG de Arquitectura Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es
- ↑ IX Premio COAG de Arquitectura Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es
- ↑ IV Premio Julio Galán Carvajal Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 19. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.