Carmen López-Cortón
Aparencia
(Redirección desde «Carmén López-Cortón»)
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1866 ![]() Vixoi, España ![]() |
Morte | 19 de marzo de 1938 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestra ![]() |
Familia | |
Pai | José Pascual López Cortón ![]() |
Carmen López-Cortón nada en Vixoi (Bergondo) o 9 de xullo de 1866 e finada en Madrid o 19 de marzo de 1938, foi unha mestra galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de José Pascual López Cortón e Julia Viqueira Flores-Calderón, estudou en Madrid na Institución Libre de Enseñanza. Viaxou a Inglaterra para ampliar coñecementos da educación británica, e alí decidiuse cara aos temas pedagóxicos, educativos e sociais.
Publicou no Boletín da Institución Libre de Enseñanza algúns artigos en que expuña como se produciu o acceso das mulleres á educación superior nalgúns países europeos.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuel Bartolomé Cossio o 9 de agosto de 1893 no Santuario do Bom Jesus do Monte, en Braga (Portugal). Tiveron dúas fillas: Natalia (1894) e Julia (1900).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marco, Aurora. "Carmen López-Cortón". Álbum da JAE. Consello da Cultura Galega.
- ↑ Otero Urtaza, Eugenio (2010). "Unha ducia de cartas de Manuel B. Cossío a Francisco Giner dende San Victorio (Bergondo). Nadal de 1895". Sarmiento: anuario galego de historia da educación (Universidade de Vigo) (14): 135–156. ISSN 1138-5863.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "López-Cortón Viquiera, Carme". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 253.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.