Saltar ao contido

Carme Pigem Barceló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carme Pigem»)
Modelo:BiografíaCarme Pigem Barceló

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Olot, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscuela Técnica Superior de Arquitectura del Vallés (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorETH Zürich Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX1118765

Carme Pigem Barceló, nada en Olot o 18 de abril de 1962, é unha arquitecta catalá que forma parte do estudo de arquitectura RCR Arquitectes.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 1977 e 1979 estudou na Escola de Arte de Olot e en 1987 obtivo o título de Arquitecta pola Escola Tècnica Superior d'Arquitectura do Vallès.[3] Despois de licenciarse en 1987, regresou a Olot onde fundou a firma RCR Arquitectes en 1988 xunto a Ramón Vilalta e Rafael Aranda.[4] Os proxectos de RCR Arquitectes teñen unha identidade rexional, porén amosan unha consideración por preocupacións universais como a relación do edificio co espazo existente, as necesidades do usuario, os efectos do cambio e o tipo de materiais.

Entre 1992 e 1999 traballou como profesora de Proxectos Arquitectónicos na ETSA Vallès, sendo membro do Consello de Proxectos de Fin de Carreira da mesma escola entre os anos 1995 e 2004. De 1997 a 2003 foi profesora de Proxectos Arquitectónicos na Escola de Arquitectura de Barcelona, sendo membro do Tribunal de Proxectos Fin de Carreira da devandita escola en 2003 e, desde 2005, foi profesora visitante no Departamento de Arquitectura do Instituto de Tecnoloxía de Zürich.[5]

No 2000 crearon como parte de RCR, o proxecto Laboratorio Barberí. O Laboratorio Barberí é unha encrucillada entre empresa e universidade onde se xera o intercambio necesario entre práctica profesional e teoría, experiencia e investigación, maximizando a creatividade e a transversalidade das disciplinas para a xeración de novos talentos.[6] A firma recibiu o Premio Nacional de Arquitectura da Generalitat de Cataluña, en 2010 foron seleccionados como Honorary Fellows polo American Institute of Architecture (AIA), en 2012 o International Fellows polo Royal Institute of British Architects (RIBA) e en 2015 recibiron a Medalla de Ouro da Académie d'Architecture Française,[7] en 2017 o Premio Pritzker de arquitectura e en 2018 a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya.[8]

  1. Zelazko, Alicja. "Rafael Aranda, Carme Pigem, and Ramon Vilalta". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro 2019. 
  2. "Carme Pigem". CCCB. 8 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  3. "RCR arquitectos: Rafael Aranda – Carme Pigem – Ramon Vilalta, o la fuerza desde la comarca" (PDF). El Periódico de Catalunya (en castelán). 2004-02-10. 
  4. Navarro, Núria (14/05/2017). "En la guarida de los mejores arquitectos del mundo". El Periódico de Catalunya (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro 2019. 
  5. CCCB, ed. (Carme Pigem). "Carme Pigem" (en catalán). 
  6. "Laboratori Barberí" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 07 de maio de 2021. 
  7. "rcrarquitectes". 
  8. "RCR Arquitectes rebrà la Medalla d’Or de la Generalitat de Catalunya, la màxima distinció honorífica del Govern". Garrotxa Digital (en catalán). 5-12-2018. Consultado o 10 de xaneiro 2019.