Orde dos Carmelitas Descalzos
Orde dos Carmelitas Descalzos Ordo Fratrum Carmelitarum Discalceatorum Beatae Mariae Virginis de Monte Carmelo | |
---|---|
Orde relixiosa da Igrexa Católica | |
Historia | |
Fundación | Século XVI en España |
Fundador | Tareixa de Ávila e Xoán da Cruz |
Separada de | Orde de Santa María do Monte Carmelo |
Goberno e estrutura | |
Prepósito Xeneral | Saverio Cannistrà |
Outros datos | |
Lema | Zelo zelatus sum pro Domino Deo exercituum |
Siglas | O.C.D. |
Sede central | Roma, Italia |
Páxina web | carmelitaniscalzi.com |
A Orde dos Carmelitas Descalzos (en latín: Ordo Fratrum Discalceatorum Beatissimae Mariae Virginis de Monte Carmelo) é unha orde mendicante católica, estabelecida en 1593 como unha reforma da Orde Carmelita por dous santos españois, Tareixa de Ávila e Xoán da Cruz. Os membros desta orde engaden as sigas O.C.D ao final do seu nome.
Historia
[editar | editar a fonte]O 24 de agosto de 1562 Tareixa de Ávila fundou o primeiro mosteiro feminino de tipo eremítico en Ávila, dedicado a San Xosé, co obxectivo de iniciar unha reforma dos carmelitas e de volver á regra de 1247.[1]
En 1566 Giovanni Rossi, padre xeneral dos carmelitas que recibira do Papa Pío V o encargo de reformar a orde, autorizou a Tareixa de Ávila fundar dous conventos masculinos, co nome de "reformados" ou "descalzos". Tareixa confiou ao frade Xoán da Cruz o encargo de fundar o primeiro dos conventos en Duruelo.
Catro anos máis tarde o gran número de vocacións levaron á fundación dun colexio en Alcalá de Henares para o estudo da reforma (dirixido por Xoán da Cruz) e doutros dous conventos.
En 1587 o papa Sisto V erixiu á sección reformada como congregación autónoma dentro da Orde Carmelita, dirixida por un vigairo xeral. En 1593 Clemente VIII deu total autonomía á nova orde, separándoa permanentemente da Orde Carmelita.
A rama masculina da orde contaba, en 2021, con 3 978 frades, dos que 2 897 tamén eran sacerdotes, o que significa un incremento con respecto os datos de 1950, cando sumaban un total de 3 128 membros.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Uribe, Pablo, ed. (2016). Santa Teresa de Ávila: quinientos años: Estudios interdisciplinarios. Ediciones UCSC. p. 80. ISBN 9789567943685.
- ↑ "Order of Discalced Carmelites (Institute of Consecrated Life - Men) [Catholic-Hierarchy]". www.catholic-hierarchy.org. Consultado o 2022-09-26.