Carmen Echegaray
Aparencia
(Redirección desde «Carmen de Echegaray»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 (104/105 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Fillos | Juan Miguel Teijeiro de la Rosa |
María del Carmen de la Rosa Osende, coñecida como Carmen Echegaray ou Carmen de Echegaray, nada en Santiago de Compostela en 1919,[1] foi unha escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Miguel de la Rosa Echegaray, capitán do rexemento de Zaragoza finado en Melilla en 1923, e María del Socorro Osende Fernández. No "Suplemento de los Sábados" do diario santiagués La Noche do 31 de decembro de 1949,[2] nunha compilación da literatura publicada naquel ano, no campo da novela e da narración, dáse conta dunha novela súa intitulada El hombre que supo esperar. Tamén é autora de El amor que lleva a la muerte.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Juan Teijeiro Flores en 1938[4] e tivo tres fillos: Juan Miguel, Miguel Ángel e Luis Teijeiro de la Rosa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 5-11-1949, p. 3.
- ↑ Álvarez Blázquez, E. (xaneiro-febreiro-marzo, 1981). "O suplemento de "La Noche" trinta anos despois". Grial (Galaxia) (71): 93.
- ↑ "Al margen de una obra de una escritora gallega. Dos magníficas novelas de Carmen Echegaray". El Pueblo Gallego, 7-10-1949, p. 4-5.
- ↑ El Eco de Santiago, 17-5-1938, p. 2.
- ↑ "Esquelas", ABC, 20 de xaneiro de 1985, pax. 99.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1951). "Echegaray, Carmen de". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 379.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de mulleres galegas [das orixes a 1975]. Vigo: A Nosa Terra. p. 141.