Saltar ao contido

Castelo Laroche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Castelo de Loveland»)
Castelo Laroche

Editar o valor en Wikidata
Coordenadas39°17′00″N 84°15′58″O / 39.2832, -84.2662
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O castelo Laroche, tamén coñecido como o castelo de Loveland, é un museo situado ás beiras do río Little Miami ao norte de Loveland, Ohio, nos Estados Unidos de América. Construído ao estilo dun castelo medieval, a construción comezou en 1927 polo líder das tropas dos Boy Scouts, veterano da primeira guerra mundial e medievalista Harry D. Andrews.[1] Construíu o castelo en terreos de promoción que se obtiveron pagando as subscricións dun ano a The Cincinnati Enquirer.[1] Andrews chamou o seu castelo Laroche polo castelo de la Roche, no suroeste de Francia, onde estivo destinado durante a primeira guerra mundial.[2][3]

  1. 1,0 1,1 Historic Loveland Castle Museum. "Loveland Castle". Consultado o 9 de agosto de 2017. 
  2. Morris, Jeff (8 de xuño de 2009). Haunted Cincinnati and Southwest Ohio. Arcadia Publishing. p. 99. ISBN 9780738560335. Consultado o 18 de maio de 2013. 
  3. Jareo, Lori E. (1996). "Harry Andrews and the Legend of Chateau La Roche". Consultado o 9 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]