Castelo de Ouchy
Castelo de Ouchy | |
---|---|
Edificio | |
Tipo | château, hotel e estrutura arquitectónica ![]() |
Estilo | arquitectura neogótica ![]() |
Coordenadas | 46°30′24″N 6°37′39″L / 46.50672, 6.62761 |
Implicados | |
Arquitecto(s) | Francis Isoz (pt) ![]() ![]() |
Patrimonio Cultural | |
Class B Swiss cultural property of regional significance (en) ![]() | |
Identificador | 6192 |
[ editar datos en Wikidata ] |

O castelo de Ouchy é un antigo castelo medieval convertido en hotel que se atopa no lugar de Ouchy, en Lausana (Suíza)
Historia e características
[editar | editar a fonte]As súas orixes están ligadas ao bispado de Lausana, pois o seu bispo Landry de Durnes que mandou construír unha torre nas ribeiras do Lago Lemán contra 1170. Corenta anos despois o edificio foi destruído (1207) polo savoiano Thomas de Maurienne, e reconstruído e logo transformado en residencia fortificada polos bispos, especialmente por Roger de Vico Pisano e por Guillaume de Varax. O edificio tamén servía de prisión.
Dende o século XVI, baixo o dominio de Berna, o castelo foi queimado e destruído, e a torre pasou a ser celeiro para o gran. O estado de Vaud recuperou a posesión logo da marcha dos berneses e desfíxose dela en 1885 ao venderlla ao empresario Jean-Jacques Mercier. O novo propietario transformou radicalmente o castelo achandando as ruínas e as vellas construcións, agás a torre. O castelo reconstruíuse daquela nun estilo neogótico entre 1889 e 1893, obra de Francis Isoz co fin de que servise de hotel, función que aínda desempeña hoxe en día.
O Castelo de Ouchy acolleu a Conferencia de Lausana, entre o 16 de xuño e o 9 de xullo de 1932, tamén coñecida como a Conferencia das Indemnizacións e que acordou reducir as cargas económicas que se lle puxeran como castigo a Alemaña logo da primeira guerra mundial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castelo de Ouchy |