Castro de Morás
Coordenadas: 43°43′15″N 7°30′04″O / 43.720819444444, -7.5012222222222
Castro de Morás | |
---|---|
Parroquia | Morás |
Concello | Xove |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27025003 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | ? |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | non |
Estado actual | Sen escavar Acceso peonil Plantación de eucaliptos |
Extensión estimada | aprox. 2,2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro de Morás ou Coto da Vela é un castro que se atopa entre as parroquias de Morás e Portocelo do concello de Xove, na provincia de Lugo. Está catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio co código GA27025003 e incluído no planeamento urbanístico do concello de Xove[1].
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico.
Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como a croa e os seus muros, o antecastro e os muros defensivos asociados ós foxos. Está formado por un recinto superior e tres aterrazamentos sucesivos. A croa presenta unha planta ovalada reforzada cunha muralla de terra e pedra onde instalaron un vértice xeodésico. Mide uns 110 metros de norte a sur e uns 80 metros de leste a oeste. O conxunto atópase defendido por un terraplén en todo o seu perímetro agás polo NO onde a pendente se prolonga ata o mar. Ao seu pé, baixo os cantís, hai unha pequena praia que recibe o nome de Sucastro.
Lendas
[editar | editar a fonte]Segundo unha información recollida no colexio público de Xove en 1989, no lugar vivía un rei que reinaba sobre este castro e outros sete máis[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado no 2012
- ↑ Recompilado por Antonio Reigosa en galiciaencantada.com
Outras imaxes
[editar | editar a fonte]-
Castro de Morás. Vista aérea.
-
Estruturas do castro de Morás, Xove, baseándose en análises de pendentes dos dados do radar LIDAR facilitados polo IGN.
-
Análise de pendentes da zona do Castro de Morás, Xove, creado a partir dos dados do radar LIDAR facilitados por IGN.
-
Outra visión tridimensional do Castro de Morás
-
Contexto paisaxístico do castro e punta de Morás, en relación coa factoría de alúmina de Xove-Cervo
-
Vista ao poñente dende o Coto da Vela, Xove. Pode verse a punta da Roncadoira co seu faro, o monte Castelo e o castro e ermida de San Tirso de Portocelo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |