Castro de Rei de Lemos, Paradela
Castro de Rei de Lemos | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Castro de Rei de Lemos. | |
Concello | Paradela[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°42′45″N 7°34′28″O / 42.712527777778, -7.5744722222222 |
Poboación | 429 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 40[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Castro de Rei de Lemos é unha parroquia do concello lugués de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 576 habitantes, deles 294 eran homes e 282 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. En 2021 tiña 420 habitantes segundo o INE.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Abundan os nomes de “medorra” e “mámoa”.
O lugar de Mosteiro Vello fala dun mosteiro de hai máis de mil anos, do posterior, o mosteiro de Santa María de Castro de Rei, do século XII, quedan restos na igrexa, cunha ábsida románica. Dependeu de Carracedo e Montederramo. Sufriu un incendio en 1936, sendo posteriormente restaurado.
A Capela das Neves, en Cerxedo, ten un retablo maior barroco, dos séculos XVII-XVIII. Hai outras capelas en Feás, Capela de San Roque; en Paredes de Abaixo, Capela de San José e San Martín, Capela da Inmaculada.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Santa María de Castro de Rei de Lemos.
-
Igrexa de Santa María de Castro de Rei de Lemos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castro de Rei de Lemos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Castro de Rei de Lemos no concello de Paradela (Lugo) | |
---|---|
Abelleiroá | Acevedo | Bacorelle | Bariz | As Barreiras | Bidueiro | As Bustaregas | Carballedo | A Carballosa | Cerxedo | Os Chaos | A Enxamea | Espiño | Feás | Ferreira | Foilebar | O Folgar | Hedrada | A Mámoa | A Matanza | O Mazo | Mide | Mosteiro Vello | Paredes de Abaixo | Paredes de Arriba | A Parrocha | Pena Corveira | Pereiro | Portocarreira | Preselas | Rañadoiro | As Reigañas | O Sacadoiro | San Martiño | A Seara | Uceira Branca | Val do Couto | Valmigallo | Vilachá | Zouro |