Cátedra de ensino secundario

No sistema educativo español, un catedrático de ensino secundario é un profesor que alcanzou o posto máis alto na escala do profesorado de ensinos non universitarios. Son funcionarios do grupo A1 e teñen un complemento de destino de nivel 26.
En España, o posto de catedrático de ensino secundario está regulado pola LOE, Lei Orgánica de Educación, aprobada no ano 2006. Para acceder a el, fai falta ser previamente profesor de ensino secundario (para o que é un requisito previo ser licenciado, diplomado, enxeñeiro ou arquitecto e aprobar unha oposición cun mínimo de oito anos de antigüidade, e pasar o correspondente proceso selectivo).
Entre outras, é función dos catedráticos o desempeño da xefatura dos departamentos didácticos dos institutos de ensino secundario.