Instituto Cato
Instituto Cato | |
---|---|
Tipo | laboratorio de ideas e organización sen ánimo de lucro |
Propósito | liberdade, limited government, Mercado libre e Paz |
Ideoloxía | libertarismo |
Campo de traballo | política educacional, política enerxética, política ambiental, Política monetaria, política externa, política orçamental, Política económica, política sanitária, política tributária, política comercial e política de informações |
Data de fundación | 1974 |
Fundador(es) | Edward H. Crane, Murray Rothbard e Charles Koch |
Nomeado en referencia a | Cartas de Catão |
Presidente/a | Robert A. Levy (en) (-) |
Sede | Washington, D.C. |
En | Washington, D.C. |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.cato.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Instituto Cato (en inglés: Cato Institute), que toma o seu nome das Cartas de Catón, é un laboratorio de ideas con sede en Washington, D.C.; non afiliado a partidos políticos e con personalidade xurídica como organización sen ánimo de lucro. Dedícase ó lobby e busca a promoción de políticas públicas que sexan consistentes cos principios de liberdade individual, goberno limitado, mercados libres e paz, dende un punto de vista xeralmente percibido como libertario ou prol laissez faire.[1][2]
O Instituto foi fundado en 1977 en San Francisco, California por Edward H. Crane e inicialmente financiado por Charles G. Koch. Estivo nestes anos relacionado cos inicios do Partido Libertario. O nome fai referencia ás Cartas de Catón e foi proposto por Murray Rothbard membro fundador e directivo que logo saíu por problemas internos coa organización en 1981.
O Cato Institute é un centro de análise non-partidista, e as visións dos seus académicos non están consistentemente aliñadas con ningún dos dous partidos maioritarios. Durante a "Revolución Conservadora" do Partido Republicano dos Estados Unidos nos 80, impulsouse un achegamento importante para rexuvenecer o partido conservador con elementos e ideas liberais. Porén, a súa relación cos conservadores non foi totalmente harmoniosa, especialmente por mor do enfrontamento entre liberais-libertarios e o neoconservadorismo da militancia republicana, por temas como a intervención militar, o gasto público, a guerra contra as drogas ou as garantías constitucionais. Existe discusión respecto da súa coincidencia en determinados puntos -sociais- cos progresistas do Partido Demócrata dos Estados Unidos, mentres en aspectos económicos e doutras políticas públicas existen grandes diferenzas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cato Institute: Quienes somos
- ↑ "Opiniones sobre el Cato Institute". Instituto Cato.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)