Cecilia Vázquez
Aparencia
(Redirección desde «Cecilia Vázquez Suárez»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Cecilia Vázquez Suárez 1977 (47/48 anos) Betanzos, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Cecilia Vázquez Suárez, nada en Betanzos en 1977, é unha avogada e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en dereito pola Universidade de Vigo. Responsable da Oficina transfronteiriza de información xuvenil Galicia-Norte de Portugal (2009-2010), foi presidenta da asociación xuvenil Brigantium (1999-2012) e coordinadora da rede galega de dinamización xuvenil (2011-2015). Foi nomeada directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en xuño de 2015.[1] Foi cesada en decembro de 2018,[2] ao ser candidata polo PPdeG á alcaldía de Betanzos,[3] sendo substituída por Cristina Pichel Toimil.