Saltar ao contido

Rinoceronte branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ceratotherium simum»)
Rinoceronte branco

Rinoceronte branco, Ceratotherium simum
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Rhinocerotidae
Xénero: Ceratotherium
Especie: C. simum
Nome binomial
'Ceratotherium simum'
(Burchell, 1817)
Mapa distribución orixinal [laranxa: subespecie do norte (C. s. cottoni), verde: subespecie do sur (C. s. simum)].
Mapa distribución orixinal [laranxa: subespecie do norte (C. s. cottoni), verde: subespecie do sur (C. s. simum)].

Mapa distribución orixinal [laranxa: subespecie do norte (C. s. cottoni), verde: subespecie do sur (C. s. simum)].
Mapa distribución actual (marrón – nativo, rosa – reintroducido, vermello – introducido)
Mapa distribución actual
(marrón – nativo, rosa – reintroducido, vermello – introducido)

Mapa distribución actual
(marrón – nativo, rosa – reintroducido, vermello – introducido)
Subespecies

Ceratotherium simum cottoni (norte)
Ceratotherium simum simum (sur)

(vídeo) Parella de rinocerontes brancos no Zoo de Tobu en Saitama, Xapón.

O rinoceronte branco (Ceratotherium simum) é a meirande e máis numerosa especie de rinocerontes que existe. Ten unha boca ancha que usa para pastar e é a máis social de tódalas especies de rinocerontes. O rinoceronte branco ten dúas subespecies: o rinoceronte branco do sur, con arredor de 19 682–21 077 animais en estado salvaxe no ano 2015,[1] e o máis raro rinoceronte branco do norte. A subespecie do norte ten moi poucos exemplares, con tan só dous exemplares no 2018 (dúas femias, Fatu e Najin), ámbalas dúas en catividade. Sudan, o derradeiro rinoceronte branco do norte macho, morreu en Kenya o 19 de marzo de 2018.[2][3]

Rinoceronte branco no Parque Nacional Murchison, Uganda.

Unha popular teoría da orixe do nome "rinoceronte branco" é a mala tradución dende o neerlandés ó inglés. A palabra inglesa "white" (branco) deriva da palabra neerlandesa "wijd", que significa "ancho" ou "grande". A palabra "wide" refírese á anchura da boca do rinoceronte. Os colonos anglófonos do Sur de África interpretaron a palabra "wijd" por "white" e o rinoceronte coa boca ancha acabou chamándose rinoceronte branco e o outro, coa boca en punta estreita, chamouse rinoceronte negro. Ironicamente, neerlandeses (e Afrikaners) usaron un calco da palabra inglesa, e tamén eles chaman branco ó rinoceronte. Isto suxire que a orixe da palabra foi anterior á codificación polos escritores neerlandeses. Unha revisión da literatura neerlandesa e afrikaans sobre o rinoceronte non presentou ningunha proba de que a verba wijd se empregara nunca para describir ó rinoceronte fóra do uso oral.[4] Outras teorías populares suxiren que o nome provén da súa gran dispersión en África, á cor debido a envorcarse en terra calcaria ou excrementos de aves ou pola cor máis clara do seu corno.

Taxonomía e evolución

[editar | editar a fonte]

O rinoceronte branco é probablemente descendente do Ceratotherium praecox que viviu hai 7 millóns de anos. Restos deste rinoceronte foron atopados en Langebaanweg, preto de Cidade do Cabo.[5] Porén, unha revisión dos restos fósiles dos rinocerontes de África por Denis Geraads suxire que a especie de Langebaanweg é do xénero Ceratotherium, pero non Ceratotherium praecox como o exemplar tipo de Ceratotherium praecox debe ser, senón Diceros praecox, xa que amosa afinidades estreitas co rinoceronte negro Diceros bicornis.[6] Suxeriuse tamén que o rinoceronte branco moderno ten un cranio máis longo que o Ceratotherium praecox para facilitar o consumo de pastos máis curtos como resultado da tendencia a longo prazo das condicións máis secas de África.[7] Mais, se Ceratotherium praecox é realmente o Diceros praecox, entón o cranio máis curto podería indicar unha especie de pasto. Dentes de fósiles atribuídos a Ceratotherium atopados en Makapansgat, foron analizados por isótopos de carbono e os investigadores concluíron que eses animais consumiron un 30% máis de pasto na súa dieta, o que supón que non son os fósiles do extinto Ceratotherium simum que só come herba.[8] Polo tanto a verdadeira liñaxe do rinoceronte branco debería ser; Ceratotherium neumayriCeratotherium mauritanicumC. simum sendo os rinocerontes de Langebaanweg Ceratotherium sp. (aínda sen nome), sendo os rinocerontes negros descendentes do C. neumayri vía Diceros praecox.[6] É probable entón que o antepasado común dos rinocerontes brancos e negros fose un herbívoro mixto, e as dúas liñaxes especializáronse por separado en buscar e pastar.

Rinoceronte branco do sur

[editar | editar a fonte]
Rinoceronte branco do Parque Nacional Lago Nakuru.
Rinocerontes brancos preto do Parque Nacional Waterberg, Namibia.

Existen dúas subespecies de rinocerontes brancos; o rinoceronte branco do sur (Ceratotherium simum simum) e rinoceronte branco do norte. O 31 de decembro de 2007, calculouse uns 17.480 exemplares de rinoceronte branco do sur en liberdade (IUCN 2008), sendo a subespecie de rinoceronte máis abondosa do mundo. Suráfrica é o bastión desta subespecie (93.0%), conservando 16.255 individuos en liberdade no 2007 (IUCN 2008). Hai poboacións máis pequenas reintroducidas nos hábitats históricos en Namibia, Botswana, Cimbabue e Eswatini, mentres unha pequena poboación sobrevive en Mozambique. Outras poboacións foron introducidas fóra do antigo hábitat, como en Kenya, Uganda e Zambia.[9]

Rinocerontes brancos en Taman Safari, Indonesia.

Os brancos do sur capturados reprodúcense con facilidade en catividade con cantidades axeitadas de espazo e alimento, así como a presenza doutros rinocerontes femias en idade reprodutiva. Un exemplo disto son as 91 crías que naceron no San Diego Zoo Safari Park dende 1972. Porén, por razóns aínda descoñecidas, a taxa de reprodución é extremadamente baixa entre as femias de brancos do sur nadas en catividade.[10]

Rinoceronte branco do norte

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Rinoceronte branco do norte.
Un rinoceronte branco do norte cruzando o ecuador durante a migración.

O rinoceronte branco do norte (Ceratotherium simum cottoni) está considerado en Perigo Crítico ou Extinto en Liberdade. Antigamente atopado en numerosos países do leste e centro de África baixo o Sáhara, está subespecie é un herbívoro dos prados e da sabana alborada. Inicialmente, seis destes rinocerontes viviron no Zoo Dvůr Králové da República Checa. Catro destes seis rinocerontes (que son tamén os únicos animais reprodutivos desta subespecie) foron transportados á Reserva Ol Pejeta de Kenya,[11] onde os científicos agardaban que se recuperase e se salvase da extinción. Un dos dous rinocerontes da República Checa morreu en maio de 2011.[12] Os dous machos quen de reproducirse naturalmente morreron en 2014 (un en Kenya o 18 de outubro e outro en San Diego o 15 de decembro).[13][14] En 2015, o goberno de Kenya puxo a Sudan, o derradeiro macho da subespecie en Ol Pejeta con vixilancia armada 24 horas para disuadir os furtivos, pero morreu o 19 de marzo de 2018, co que só restan dúas femias vivas.[15]

  1. SaveTheRhino.org, ed. (2015). "Rhino population figures". Consultado o 16 de maio de 2015. 
  2. Redacción (21 de marzo de 2018). "Morre o derradeiro macho de rinoceronte branco do norte". GCiencia. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  3. CNN (ed.). "World's last male northern white rhino dies". CNN. Consultado o 20 de marzo de 2018. 
  4. Rookmaaker, Kees (2003). "Why the name of the white rhinoceros is not appropriate". Pachyderm 34: 88–93. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2022. Consultado o 19 de maio de 2013. 
  5. The Mammals of the Southern African Subregion, J.D. Skinner and RHN Smithers. 1990. 567
  6. 6,0 6,1 PLIOCENE RHINOCEROTIDAE (MAMMALIA) FROM HADAR AND DIKKA (LOWER AWASH, ETHIOPIA), AND REVISION OF THE ORIGIN OF MODERN AFRICAN RHINOS, Denis Geraads, 2005
  7. Evolving Eden: An Illustrated Guide to the Evolution of the African Large-Mammal Fauna, Alan Turner and Mauricio Anton. Columbia University Press (2004) ISBN 0-231-11944-5, p. 224
  8. M. Sponheimer, K. Reed and J.A. Lee-Thorp Isotopic palaeoecology of Makapansgat Limeworks Perissodactyla Arquivado 04 de decembro de 2012 en Wayback Machine. South African Journal of Science Vol. 97 July/August 2001 pp. 327–328
  9. Emslie and Brooks 1999; Emslie et al, 2007
  10. Swaisgood, Ron (Summer 2006). "Scientific Detective Work in Practice: Trying to Solve the Mystery of Poor Captive-born White Rhinoceros Reproduction". CRES Report (Zoological Society of San Diego). pp. 1–3. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2013. Consultado o 19 de maio de 2013. 
  11. Northern White Rhinos. olpejetaconservancy.org
  12. Johnston, Raymond (2 de xuño de 2011). "White rhino dies in Czech zoo, seven left worldwide". Czech Position. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 19 de maio de 2013. 
  13. Young, Ricky (14 de decembro de 2014) Rare white rhino dies at safari park. U-T San Diego
  14. Drazen Jorgic (19 de outubro de 2014). The Sydney Morning Herald, ed. "Death of rare northern white rhino leaves species on brink of extinction". Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  15. Ellis-Petersen, Hannah (20 de marzo de 2018). The Guardian, ed. "Last male northern white rhino is put down". Consultado o 20 de marzo de 2018.