Saltar ao contido

Cerceta de ás azuis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cerceta aliazul»)
Cerceta de ás azuis

Macho en Texas


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: Anas (disputado)
Especie: A. discors
Nome binomial
'Anas discors'
(Linnaeus, 1766)
Sinonimia

Querquedula discors
Spatula discors

A cerceta de ás azuis ou cerceta de alas azuis[2] (Anas discors) é un parrulo de pequeno tamaño e maioritariamente migratorio que vive en América.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Miden de 35 a 41 cm de longo e pesan de 325 a 500 gramos. Os machos son algo máis pesados cás femias e o peso esta suxeito a variacións estacionais, aumentando cando se preparan para a emigración. O bico mide de 4 a 4,2 cm. Os machos adultos en plumaxe de gala teñen a cabeza azul agrisada, cun debuxo facial branco en forma de media lúa. O corpo é castaño claro cunha mancha branca na parte posterior e a cola negra. As femias adultas, manchadas de pardo, son moi semellantes ás da cerceta. Ámbolos dous sexos teñen unha mancha azul (o espello) nas ás, da que reciben o seu nome vulgar.

Distribución xeográfica e hábitat

[editar | editar a fonte]

As cercetas de ás azuis reprodúcense en Norteamérica dende Alasca ata Nova Escocia polo leste, e Texas polo sur. As súas áreas de invernada comprenden o sur dos Estados Unidos, México, América Central, o norte de Suramérica e as illas do Caribe, por ben que exemplares illados acadan o Uruguai e a Arxentina. As poboacións reprodutoras do estado estadounidense de Texas son sedentarias. Durante a migración poden voar distancias longas sobre mar aberto.

En Europa aparecen esporadicamente, e as súas patas amarelas permiten diferenciala doutros patos similares como a cerceta, á que é xeneticamente case idéntica segundo análises recentes de ADN.

Cercetas de ás azuis.
Anas discors

Complementa unha vexetación esencialmente vexetariana con insectos, crustáceos e outros ivertebrados acuáticos. Pacen principalmente na auga pero tamén comen sementes nos campos de cultivo.

Fan os niños, que non son máis que unha depresión do chan rodeada de herbas e moitas veces agochada entre a vexetación, entre abril e maio. Coma noutros patos, as parellas fórmanse xa no inverno. Na época de cría os machos son territoriais. A femia pon de 6 a 14 ovos da cor da crema, que choca entre 19 e 29 días. Os polos poden empezar a voar ós 40 días de vida. Maduran sexualmente na seguinte temporada de cría.

  1. BirdLife International (2012). "Anas discors". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]