Certificado dixital
Un Certificado Dixital é un documento dixital mediante o cal un terceiro confiable (unha autoridade de certificación) garante a vinculación entre a identidade dun suxeito ou entidade e a súa clave pública.
Aínda que existen variados formatos para certificados dixitais, os máis comunmente empregados réxense polo estándar UIT-T X.509. O certificado contén usualmente o nome da entidade certificada, número de serie, data de expiración, unha copia da clave pública do titular do certificado (utilizada para a verificación da súa firma dixital) e a firma dixital da autoridade emisora do certificado de forma que o receptor poida verificar que esta última estableceu realmente a asociación.
Formato de certificado dixital
[editar | editar a fonte]Un certificado emitido por unha entidade de certificación autorizada, ademais de estar asinado dixitalmente por esta, debe conter polo menos o seguinte:
- Nome, dirección e domicilio do subscritor.
- Identificación do subscritor nomeado no certificado.
- O nome, a dirección e o lugar onde realiza actividades a entidade de certificación.
- A clave pública do usuario.
- A metodoloxía para verificar a firma dixital do subscritor imposta na mensaxe de datos.
- O número de serie do certificado.
- Data de emisión e expiración do certificado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Algunhas autoridades de certificación
- PKI
- Firma dixital
- Factura Electrónica
- Autoridade de certificación
- Selaxe de tempo
- Clave pública
- X.509
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lei 59/2003 - Lei española sobre firma electrónica.