Queilodactílidos
Os Queilodactílidos (Cheilodactylidae) son unha familia de peixes mariños pertencente á orde Perciformes. O nome débese ó grego cheilos, labio, e daktylos, dedos, e fai alusión ós labios grosos.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Presentan un corpo alargado e comprimido, con tamaños máximos de 1 metro de lonxitude. Boca pequena pero labios grosos. Teñen unha única aleta dorsal aparentemente dividida en dúas partes, unha primeira con 14-22 raios espiñosos e unha segunda con 19-39 raios brandos. A anal ten tres espiñas e 7-19 raios brandos. As pectorais dos exemplares adultos teñen os 4-7 raios inferiores libres e longos.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]A familia distribúese polo hemisferio sur (Atlántico, Pacífico e Índico), e algunhas zonas do hemisferio norte, como o Xapón, a China e Hawai.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Divídese en 5 xéneros e un número de especies que varía entre 16 e 26, segundo os distintos autores:
- Xénero Cheilodactylus, Lacepède 1803
- Xénero Chirodactylus, Gill 1862
- Xénero Dactylophora
- Xénero Nemadactylus
- Xénero Sciaenoides, Richardson (ex Solander) 1850 (nome dubidoso)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Queilodactílidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Queilodactílidos |