Van (anatomía)
O van, cós [1] ou cintura é a parte do corpo entre as costelas e a pelve[2], onde en persoas cunhas medidas proporcionais acostuma se producir un estreitamento riba das cadeiras.
A medida do van fai referencia á liña horizontal onde a cintura é máis estreita.
A complexión feminina ten, polo xeral, un van máis estreito ca os homes.
Índice van/cadeira
[editar | editar a fonte]O índice cintura/cadeira é unha relación para dividir o perímetro da cintura entre o da cadeira. O índice a proporción na que a graxa está distribuída a través do tronco.
Un índice de 0,7 para as mulleres e de 0,9 para os homes corresponden aos ideais de saúde e fertilidade.
Medida da cintura
[editar | editar a fonte]O tamaño da circunferencia do van dunha persoa utilízase para determinar a obesidade. Un exceso de graxa abdominal é un factor de risco para o desenvolvemento de doenzas cardíacas e outras doenzas ligadas co sobrepeso. O Instituto Nacional do Corazón, Pulmóns e Sangue dos Estados Unidos (The National, Heart, Lung and Blood Institute, NHLBI) categoriza o risco de enfermidades relacionadas coa obesidade como alto se a circunferencia do van é maior de 102 cm e 88 cm, para os homes e mulleres, respectivamente.[3]
Un estudo publicado por The European Heart Journal en abril de 2007 mostrou que a circunferencia do van, do mesmo xeito que o índice van/cadeira axudan a predicir problemas cardiovasculares.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para '.
- ↑ Diccionario galego de termos médicos Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
- ↑ "Obesity Education Initiative, Aim for a Healthy Weight".
- ↑ Lawrence de Koning. "Waist circumference and waist-to-hip ratio as predictors of cardiovascular events: meta-regression analysis of prospective studies". PMID 17403720. doi:10.1093/eurheartj/ehm026.