Cirrítidos
Aparencia
(Redirección desde «Cirrhitidae»)
Os cirrítidos (Cirrhitidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, propios de augas tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Posúen un corpo alongado, alcanzando tamaños máximos de 55 cm, aínda que adoitan ser peixes pequenos e moi coloreados. Unha única aleta dorsal continua con 10 radios espiñosos e 11 a 17 radios brandos; os primeiros presentan cirrios [1] nos extremos das espiñas. A aleta anal ten 5 a 7 radios brandos.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Viven entre as rochas e os corais, alimentándose de pequenos peixes e crustáceos. Son hermafroditas protoginos e os machos manteñen grupos territoriais con varias femias.
Adáptanse moi ben ás condicións de vida nos acuarios.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Comprenden 12 xéneros:
- Amblycirrhitus (Gill, 1862)
- Cirrhitichthys (Bleeker, 1857 )
- Cirrhitoidea Jenkins, 1903
- Cirrhitops (Smith, 1951)
- Cirrhitus (Lacepède, 1803)
- Cristacirrhitus (Randall, 2001)
- Cyprinocirrhites (Tanaka, 1917 )
- Isocirrhitus (Randall, 1963)
- Itycirrhitus (Randall, 2001)
- Neocirrhites (Castelnau, 1873)
- Notocirrhitus (Randall, 2001)
- Oxycirrhites (Bleeker, 1857)
- Paracirrhites (Bleeker, 1874)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estruturas filamentosas que algúns peixes posúen na cabeza ou nas aletas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cirrítidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cirrítidos |