Saltar ao contido

Cidadáns-Partido da Cidadanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía»)
Cidadáns–Partido da Cidadanía (Cs)
Partido político de España
Dirixentes e organización
LíderPatricia Guasp
Portavoz político
Adrián Vázquez
Secretaria xeral
Olga Louzao
Líder Cs Galicia
MocidadesAgrupación de Jóvenes de Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía (J's)
Filiación internacionalGrupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa
Historia
Fundación1 de xuño de 2006
Posicións políticas
IdeoloxíaUnionismo
Liberalismo
Progresismo
Europeísmo
Laicismo
Constitucionalismo
Nacionalismo Español
Posición políticaCentrodereita
Representación
Congreso dos Deputados
0 / 350
Parlamento Europeo
7 / 59
Parlamentos autonómicos
8 / 1.261
Concelleiros[1]
392 / 67.152
Outros datos
SedeRúa de Alcalá, 253, 28027 Madrid
Publicacións/d
Na rede
www.ciudadanos-cs.org
Facebook: Cs.Ciudadanos Twitter: CiudadanosCs Instagram: ciudadanos Telegram: CsCiudadanos LinkedIn: ciudadanos Youtube: UCpQHMcz59Xailbshv0HGuuw Flickr: 129774588@N03 Editar o valor en Wikidata

Cidadáns–Partido da Cidadanía (Cs; en castelán: Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía[2]), coñecido habitualmente como Cidadáns ou Ciudadanos, é un partido político español que se autodefine no seu ideario como de centro reformista, se ben algúns comentaristas políticos cualifícano como partido nacionalista español con ideoloxía de dereitas[3][4]. Fundouse en Cataluña, e dende 2014 a súa actividade realízase en toda España.

Foi fundado en 2006, sendo o seu xerme a plataforma cívica Ciutadans de Catalunya. Declárase como un partido constitucionalista, postnacionalista[5] e progresista. Albert Rivera afirmou que escolleron a palabra "Cidadáns" como nome do partido porque lles gustaría ser «cidadáns do mundo».[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tivo a súa orixe nunha plataforma de 15 intelectuais e profesionais residentes en Cataluña que tiraron o 7 de xuño de 2005 un manifesto para a creación dun novo partido político en Cataluña na que se comprometían a impulsar a constitución dunha nova forza política de ámbito catalán que superase o nacionalismo que ó seu xuízo caracterizaba a todos os partidos cataláns e que asinaban Félix de Azúa, Albert Boadella, Francesc de Carreras, Arcadi Espada, Teresa Giménez Barbat, Ana Nuño, Félix Ovejero, Félix Pérez Romera, Xavier Pericay, Ponç Puigdevall, José Vicente Rodríguez Mora, Ferran Toutain, Carlos Trías, Iván Tubau e Horacio Vázquez-Rial.

Albert Rivera (2015)

Expansión estatal

[editar | editar a fonte]

En 2015, o comité executivo de Cidadáns avogou por participar nas eleccións andaluzas do 22 de marzo para que os andaluces puidesen «votar polo cambio», segundo indicou o presidente do partido, Albert Rivera, no seu perfil de Twitter.​ Obtivo catro escanos máis dos que prevía a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas, cun total de 9 de 109 deputados.

Nas seguintes eleccións autonómicas, celebradas o 24 de maio de 2015, obtivo 1.259.524 votos nas 13 comunidades e dúas cidades autónomas onde houbo eleccións. Tras as eleccións, Cidadáns apoiou a investidura dos candidatos dos partidos máis votados, pero que non tiñan maioría suficiente: o PSOE en Andalucía e o PP na Comunidade de Madrid, A Rioxa, a Rexión de Murcia e Castela e León.[7]

Simultaneamente ás eleccións autonómicas celebráronse as eleccións municipais, onde xa con implantación en toda España achegouse ao millón e medio de votos, co 6,55% dos votos e 1.527 concelleiros, ocupando o espazo de UPyD que practicamente desapareceu do panorama político. Ese mesmo 24 de maio tamén se celebraron eleccións ás Xuntas Xerais dos tres territorios históricos do País Vasco. Cidadáns presentou candidaturas nas tres provincias, pero soamente conseguiu 1 representante nas Xuntas Xerais de Áraba pola circunscrición de Vitoria.

O 27 de setembro de 2015 celebráronse eleccións anticipadas ao Parlamento de Cataluña, onde obtivo 25 escanos, converténdose na segunda forza política da comunidade e en primeira forza en 29 municipios, entre eles L'Hospitalet de Llobregat, segunda cidade catalá máis poboada tras Barcelona.

Nas eleccións xerais celebradas o 20 de decembro de 2015, obtivo máis de 3,5 millóns de votos e conseguiu converterse na cuarta forza política de España con 40 dos 350 deputados que compoñen o Congreso dos Deputados. Das 52 circunscricións electorais, Cidadáns obtivo representación en 25. A pesar de ser tamén cuarta forza en número de votos, a formación non obtivo representación no Senado máis aló da designada polos parlamentos autonómicos.​[8]

De cara ao comezo da XI lexislatura, Cidadáns asinou un pacto co Partido Socialista Obreiro Español para apoiar a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno,​[9] con todo non logrou ser investido e realizáronse novas eleccións en 2016. Nesas eleccións, Cidadáns obtivo pouco máis de 3 millóns de votos, quedándose en 32 deputados no Congreso. Tampouco obtivo representación no Senado.

O desafío independentista

[editar | editar a fonte]

Co desafío independentista de outubro de 2017 e a declaración unilateral de independencia tras o referendo ilegal do 1 de outubro, o Goberno de España, co apoio de PSOE e Cidadáns, aplicou o artigo 155 da Constitución Española. Con esta medida cesaron nos seus cargos todos os membros do Govern da Generalitat de Cataluña, asumindo as competencias o gabinete de Mariano Rajoy, co obxectivo de restaurar a legalidade en Cataluña mediante a convocatoria de eleccións ao Parlamento de Cataluña.

Por primeira vez en democracia, un partido non nacionalista, Cidadáns, gañou as eleccións, aínda que foi insuficiente alcanzar unha maioría de partidos constitucionalistas para formar goberno.

Ideoloxía e situación no espectro político

[editar | editar a fonte]

Autodefinición do partido

[editar | editar a fonte]

No seu segundo congreso, en xuño de 2007, o partido definiuse como de centroesquerda,​ quedando aliñado xa dentro do eixo esquerda-dereita, no que nun principio o partido eludira posicionarse. Desta forma, o ideario do partido, a data de 2015, afirmaba que a formación naceu «para facer fronte ao afogo que para o conxunto da sociedade catalá supoñen as políticas nacionalistas identitarias» e «polo baleiro de representación que existía no espazo electoral de centroesquerda non nacionalista»,[10]​ posición tomada —a de centroesquerda— por algunhas fontes como a autodefinición do partido no espectro político,​ aínda que algúns membros seguen rexeitando o espectro político clásico que define aos partidos nun eixo esquerda-dereita.[11]

Á marxe do clásico espectro esquerda-dereita, Cidadáns autodefínese como un partido constitucionalista, postnacionalista,[12] liberal[13] e progresista.

No congreso celebrado en 2017, eliminou a socialdemocracia do seu ideario político e adoptou o liberalismo progresista.[14]

En 2017, Cidadáns tamén deixou de ser un partido laico e pasou a definirse como un partido aconfesional, xustificando que se aliñaba coa Constitución, a cal define España como un país aconfesional.[15]

Percepción cidadá

[editar | editar a fonte]

O barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) de xaneiro de 2016 cuestionou á cidadanía sobre a posición ideolóxica dos partidos políticos españois cunha pregunta na que o enquisado debía situar ao partido nunha escala do 1 ao 10, onde o un facía referencia á esquerda política e o dez, á dereita, sendo o 5,5 o centro da escala. De media, os enquisados situaron a Cidadáns no 6,65, no centro-dereita. Un 19,3% situábaos en posicións de esquerda (entre o 1 e o 5), e un 57,6% en posicións de dereita (entre o 6 e o 10). O 23,2% non sabía onde situalos ou non contestaba.[16]

Na autonomía de orixe do partido, Cataluña, en 2013, o 75 % dos cataláns situaba o partido entre o centrodereita e a dereita e nunha escala do 1 (esquerda) ao 10 (dereita), nun 7,5 (case un punto máis por encima de Convergència i Unió, que obtivo un 6,6). Os votantes de esquerda nacionalista ou independentista situárono na extrema dereita.[17] Segundo enquisas do CIS, os seus propios simpatizantes na comunidade cualificábano na súa maioría como un partido de dereitas (47 %), seguido de quen o sitúa no centro (34 %) e esquerda (19 %).[17]

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Eleccións xerais

[editar | editar a fonte]
Ano Candidato/a Votos % de votos Escanos Posición
2015 Albert Rivera 3.500.446 13,93 %
40 / 350
2016 Albert Rivera 3.123.769 13,05 %
32 / 350
Ano Candidato/a Votos % de votos Escanos Posición
2015 - 7.377.905 11,17 %
0 / 208
-
2016 - - -
0 / 208
-

Eleccións autonómicas

[editar | editar a fonte]

Andalucía

[editar | editar a fonte]
Ano Candidato/a  Votos % de votos Escanos Posición
2008 Antonio Venceslá Mariscal 6.024 0,13 %
0 / 109
2015 Juan Marín 368.988 9,28 %
9 / 109
2018 Juan Marín 659.631 18,27 %
21 / 109

Cataluña

[editar | editar a fonte]
Ano Candidato/a  Votos % de votos Escanos Posición
2006 Albert Rivera 89.840 3,09 %
3 / 135
2010 Albert Rivera 105.827 3,24 %
3 / 135
2012 Albert Rivera 275.007 7,56 %
9 / 135
2015 Inés Arrimadas 734.910 17,93 %
25 / 135
2017 Inés Arrimadas 1.109.732 25,26 %
36 / 135
Ano Candidato/a  Votos % de votos Escanos Posición
2016 Cristina Losada 48.103 3,38 %
0 / 75

Eleccións municipais

[editar | editar a fonte]
Ano Líder Votos % de votos Concelleiros
2007 Albert Rivera 71.226 0,32%
13 / 66.131
2011 Albert Rivera 42.143 0,19%
10 / 68.230
2015 Albert Rivera 1.467.663 6,55%
1.527 / 67.525

Eleccións europeas

[editar | editar a fonte]
Ano Candidato/a Votos % de votos Escanos Posición
2009 Miguel Durán 22.903 0,14 %
0 / 54
11ª
2014 Javier Nart 497.146 3,16 %
2 / 54
  1. "Resultados electorais das municipais de 2015". 
  2. A denominación utilizada en catalán é Ciutadans-Partit de la Ciutadania e, en éuscaro, Herritarrak-Herritarron Alderdia.
  3. Ciudadanos, the 'Podemos of the right', emerges as political force in Spain, artigo en The Guardian o 13 de marzo de 2015. (en inglés)
  4. Ciutadans és de dretes i no ho vol saber, artigo en Elcritic.cat o 2 de marzo de 2015. (en catalán)
  5. «Somos postnacionalistas y no queremos luchar contra un nacionalismo con otro. Vamos sin banderas, casi desnudos, abriendo camino sin fronteras desde la Constitución» - C's
  6. «Y nosotros nos llamamos Ciudadanos, o sea que evidentemente tenemos un dilema casi moral, porque nos gustaría ser ciudadanos del mundo» Arquivado 16 de decembro de 2014 en Wayback Machine. - Nueva Economía Fórum
  7. Mateo, Juan José (19 de outubro de 2015). "Ciudadanos vota más con el PSOE y con Podemos que con el PP". El País. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  8. "Resultados Elecciones Generales 2015". RTVE.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  9. Sánchez y Rivera se reúnen para reafirmar la vigencia de su acuerdo, El País, 16 de marzo de 2016.
  10. Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía. "Ideario" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2015. Tercera, por el vacío de representación que existía en el espacio electoral de centro-izquierda no nacionalista 
  11. "Ciudadanos frente a Podemos". Cinco Días. 18 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015. Ciudadanos tiene ya una larga trayectoria en Cataluña, pero ahora pretende entrar en el Congreso de los Diputados y algunas encuestas le dan como cuarta fuerza y con posibilidades de influir en un futuro Gobierno en minoría. También rechaza la vieja escala izquierda y derecha, aunque mantiene un tono liberal y su granero de apoyos se encuentra en votantes decepcionados con el PP 
  12. «Somos postnacionalistas y no queremos luchar contra un nacionalismo con otro. Vamos sin banderas, casi desnudos, abriendo camino sin fronteras desde la Constitución» - Cs
  13. Esteban, Paloma (17 de decembro de 2016). "Rivera se divorcia de la socialdemocracia y ya contempla entrar en futuros gobiernos". El Confidencial. 
  14. Mateo, Juan José (4 de febreiro de 2017). "Ciudadanos elimina la socialdemocracia de su ideario y abraza el liberalismo progresista". El País (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2017. 
  15. "Ciudadanos deja de ser un partido "laico" y se bautiza "aconfesional"". El Español (en castelán). 4 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de abril de 2018. 
  16. "Barómetro de enero 2016. Avance de resultados. Estudio n.º 3124. Enero 2016" (PDF). Centro de Investigacións Sociolóxicas. outubro-novembro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2016. Pregunta 19. Y, utilizando esa misma escala, por favor, dígame dónde colocaría Ud. a cada uno de los siguientes partidos o formaciones políticas. 
  17. 17,0 17,1 Orriols, Lluís (17 de agosto de 2013). "Ciutadans, ¿un partido de izquierdas o de derechas?". El País. Consultado o 6 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]