Saltar ao contido

Claudio Garrido Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Claudio Melquiades Garrido Martínez»)
Modelo:BiografíaClaudio Garrido Martínez
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
León, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Sarria
2019 –
Alcalde de Sarria
2007 – 2011
← José Antonio García LópezJosé Antonio García López →
Alcalde de Sarria
1999 – 2003 – José Antonio García López → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, veterinario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Claudio Melquiades Garrido Martínez, nado en León en 1954, é un político galego de Camiña Sarria e, anteriormente, do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veterinario e funcionario da Xunta de Galicia. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a lista do PSdeG-PSOE á alcaldía de Sarria e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 1999 volveu encabezar a lista do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno coas formacións independentes Agrupación Sarriana de Integración e os Independentes da Comarca de Sarria.

Nas eleccións municipais de 2003 logrou a vitoria con 7 concelleiros, porén perdeu a alcaldía en favor do candidato de Iniciativa Galega, José Antonio García López, que gobernara con el no anterior mandato e que recibiu o apoio do PPdeG e dunha tránsfuga do BNG.

Nas municipais de 2007 recuperou a alcaldía grazas ao apoio do BNG e do Partido Galeguista. Perdeu a alcaldía en 2011 fronte o PPdeG que acadou a maioría absoluta. Nas municipais de 2015, renunciou a presentarse, concurrindo polo PSdeG Pilar López Yáñez, a cal logrou a alcaldía co apoio doutros grupos. Tras diversos enfrontamentos con López Yáñez, abandonou o PSdeG, encabezando no ano 2019 a lista Camiña Sarria, coa cal logrou a vitoria e recuperou a alcaldía.[1][2]

Nas municipais de 2023, mantivo a alcaldía ao encabezar a lista máis votada con 7 concelleiros, fronte a 5 do PP, 3 do PSdeG-PSOEe 2 do BNG..[3]

  1. Cortés, Carlos (15 de xuño de 2019). "Claudio Garrido, nuevo alcalde de Sarria". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  2. Casanova, A. (16 de xuño de 2019). "Garrido vuelve a ser proclamado alcalde de Sarria después de ocho años". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  3. Carreira, Uxía (17 de xuño de 2023). "Claudio Garrido, investido como alcalde de Sarria para «una nueva etapa política con altura de miras»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Arturo Corral Guitián
 

Alcalde da Sarria 
1999 - 2003

Sucesor:
José Antonio García López
Predecesor:
José Antonio García López
 
Alcalde de Sarria
 
2007 - 2011
Sucesor:
José Antonio García López
Predecesor:
María del Pilar López Yáñez
 
Alcalde de Sarria
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo