Clima semiárido
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b1/Big_Bend_Chihuahuan_Desert.jpg/250px-Big_Bend_Chihuahuan_Desert.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Koppen_World_Map_BSh_BSk.png/250px-Koppen_World_Map_BSh_BSk.png)
O clima semiárido ou semidesértico é un subtipo de clima seco e unha expresión comunmente utilizada para designar o clima dunha rexión do planeta onde as choivas anuais están entre os 500 e os 800 mm.[1] Unha cantidade de choiva inferior aos 400 mm anuais caracteriza ós semidesiertos. Na clasificación climática de Köppen é o BS (BSh semiárido cálido e BSk semiárido frío).
A vexetación dunha rexión semiárida está composta normalmente de matogueiras e estepas que perden as follas nos meses máis secos, así como de paisaxes que tamén secan nos períodos de estiaxe.
Un tipo de clima semiárido é o mediterráneo seco, que é o de transición entre o mediterráneo típico Csa e o desértico BW. Dáse no sueste de España, norte de África e costa mediterránea asiática e caracterízase por precipitacións escasas, entre 200 mm e 400 mm, forte seca estival e temperaturas cálidas que superan os 22 °C no verán.