Climaterio
Climaterio | |
---|---|
![]() Modelo de establecemento e declive da poboación de folículos primordiais humanos desde a concepción até a menopausa, que mellor se axusta aos datos de 325 ovarios de diferentes idades. | |
Sinónimo | Perimenopausa |
Especialidade | Endocrinoloxía, Xinecoloxía |
Síntomas | Irregularidades menstruais, bochornos, suoración nocturna, cambios de humor |
Complicacións | Osteoporose, doenzas cardiovasculares |
Inicio habitual | Xeralmente entre os 45 e 55 anos |
Duración | Variábel, xeralmente dura até a menopausa (aproximadamente 4-5 anos) |
Causas | Diminución natural dos niveis de hormonas reprodutivas |
Factores de risco | Factores xenéticos, estilo de vida, saúde reprodutiva |
Diagnóstico | Avaliación clínica, historial médico, probas hormonais |
Condicións semellantes | Menopausa, andropausia |
Tratamento | Terapia de substitución hormonal, cambios de estilo de vida, medicamentos para síntomas específicos |
Medicación | Estroxenos, proxestáxenos, antidepresivos |
Prognose | Variábel; xestión efectiva dispoñible para moitos síntomas |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
En bioloxía, o climaterio[1][2] (derivado do gregoː κλιμακτήρ / κλῖμαξ + -τήρ, klimaktḗr 'chanzo, paso')[3][4] é un período vital de transición fisiolóxica durante o cal cesa a función reprodutora dun ser vivo.[5][6][7]
Climaterio nas mulleres
[editar | editar a fonte]No caso do ser humano, está máis definido na muller que no home. O climaterio feminino comeza antes da menopausa, tamén é chamado perimenopausa e premenopausa (resp. 'arredor de' e 'antes de' a menopausa)[8] e xeralmente esténdese entre 4-5 anos,[9] como consecuencia do esgotamento ovárico, asociado a unha diminución na produción de estróxenos,[10] e que perde co tempo a capacidade para producir hormonas, folículos e ovocitos. Como resposta, a hipófise incrementa a secreción da hormona estimulante dos folículos, que se eleva tentando estimular os ovarios.
Cadro clínico
[editar | editar a fonte]O climaterio feminino é unha etapa da vida adulta caracterizada pola aparición de signos e síntomas asociados á diminución da produción de estróxenos e proxesterona. Estas manifestacións inclúen trastornos vasomotores (como os bochornos), metabólicos e psicolóxicos que varían dependendo de cada muller.
Vasomotores
[editar | editar a fonte]Os signos e síntomas do climaterio comezan durante unha xanela de tempo variábel chamada "premenopausa", consecuencia do inicio de flutuacións nas concentracións estroxénicas. As máis notábeis son:
- Períodos menstruais irregulares
- Bochornos ou 'acendemento' molesto da face
- Suor nocturna
- Cambios no estado de ánimo
Metabólicos
[editar | editar a fonte]O climaterio afecta tamén o metabolismo, manifestándose en problemas como:
- Sequidade vaxinal
- Problemas urinarios, incluíndo incontinencia e urxencia urinaria
- Osteoporose
- Doenzas cardiovasculares non relacionadas coa idade
Psicolóxicos
[editar | editar a fonte]Algúns cambios psicolóxicos poden incluír unha diminución da libido (para algunhas mulleres o desexo sexual permanece inalterado ou mesmo aumenta durante o climaterio), dispareunia ou cambios na irritabilidade e a intensidade emocional, referindo unha menor autoestima.[11] Estes factores poden afectar en diversos graos as relacións familiares e interpersoais da muller.[12]

Calidade de vida
[editar | editar a fonte]A calidade de vida durante a transición menopáusica é unha percepción subxectiva que engloba benestar físico, psicolóxico e social, incluíndo tanto aspectos subxectivos como obxectivos.[14]
A análise de diversos estudos sinala unha conexión entre perimenopausa e declinio cognitivo, especialmente nas funcións executivas. É precisa unha investigación máis profunda e estandarizada para detectar estas alteracións no climaterio, dado o aumento do envellecemento da poboación mundial.[15]
Patoloxías
[editar | editar a fonte]A osteoporose é unha das principais patoloxías asociadas ao climaterio, resultando nunha perda de masa ósea que aumenta a susceptibilidade a fracturas severas.[16]
Manexo do climaterio
[editar | editar a fonte]O manexo do climaterio abrangue varias estratexias, adecuadas ás necesidades individuais, que inclúen tanto intervencións médicas como cambios no estilo de vida para aliviar os síntomas e mellorar a calidade de vida das mulleres durante este período de transición.[17][18]
Terapia de substitución hormonal (TSH)
[editar | editar a fonte]
A terapia hormonal substitutiva é unha das opcións máis comúns para o manexo dos síntomas do climaterio, como os bochornos, suor nocturna e alteracións do humor. Esta terapia implica a administración de hormonas, como estróxenos e proxestáxenos, para compensar a diminución natural destas no corpo.[19][20]
Cambios no estilo de vida
[editar | editar a fonte]Recoméndase adoptar cambios no estilo de vida para mellorar os síntomas do climaterio. Estes inclúen: [21][22]
- Dieta equilibrada: Incorporar máis froitas, verduras e cereais integrais.
- Exercicio físico regular: Actividades como camiñar, nadar ou ximnasia poden axudar a xestionar o peso e reducir o estrés.
- Técnicas de relaxación: Prácticas como a meditación poden ser eficaces para controlar o estrés e mellorar o estado anímico.

Medicacións específicas
[editar | editar a fonte]Ademais da TSH, poden usarse outros medicamentos para tratar síntomas específicos: [23]
- Antidepresivos: Usados para xestionar os cambios de humor e reducir os bochornos.
- Non-hormonais: Suplementos como a isoflavona de soia e outros fitoestróxenos, que poden ter efectos beneficiosos nos síntomas leves.
Tratamentos non hormonais
[editar | editar a fonte]Investigacións recentes suxiren alternativas non hormonais para mulleres que non poden ou prefiren non usar terapias baseadas en estróxenos. Un exemplo é o uso de antagonistas dos receptores de neuroquinina 3, que se mostrou ser unha opción segura e ben tolerada. Este tratamento, aprobado recentemente, demostrou ter poucos efectos adversos e pode ser particularmente útil para mulleres con contraindicacións para a TSH.[24]
Idade media do climaterio segundo rexión xeográfica
[editar | editar a fonte]A idade media do climaterio en Europa varía entre 50,1 e 52,8 anos, en América do Norte entre 50,5 e 51,4 anos, en América Latina entre 43,8 e 53 anos en Asia entre 42,1 e 49,5 anos.
A frecuencia dos síntomas vasomotores varía moito dependendo da rexión xeográfica, da selección de criterios e do método de identificación dos síntomas.
A prevalencia destes síntomas varía entre o 74% das mulleres en Europa, o 36-50% en Norteamérica, o 45-69% en Latinoamérica e o 22-63% en Asia, segundo informan en diferentes estudos de datos epidemiolóxicos.[25]
Existen, por tanto, grandes diferenzas xeográficas na prevalencia dos síntomas do climaterio e a menopausa, e algunhas diferenzas na idade de inicio das mesmas. Tanto en Asia como en América Latina, as mulleres cun nivel socioeconómico máis pobre experimentan un inicio ben máis temperán da menopausa. Dentro dunha rexión xeográfica, hai diferenzas étnicas nos síntomas da menopausa, aínda que dadas as diferenzas nas metodoloxías dos estudos, non é posíbel establecer conclusións firmes.[25]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "climaterio". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-19.
- ↑ O termo na maioría de linguas provén do grego; en portugués escribíase 'climactério', pero agora escríbese maiormente 'climatério', o mesmo que en galego reintegracionista.
- ↑ "climactério". infopedia.pt (en portugués).
- ↑ "κλιμακτήρ". WordSense Dictionary (en inglés). Consultado o 2024-11-19.
- ↑ Guzón Illescas O, Gómez González del Tánago P, Panadero Carlavilla, FJ, Alonso Blas, C. "Climaterio y menopausia" (PDF). portalfarma.com (en castelán).
- ↑ O termo climaterio no DRAG só está referido aos humanos. Porén, o mesmo fenómeno ocorre nalgunhas especies de baleas e delfínidos (candorcas, baleas piloto...); este proceso ocorre relativamente cedo en relación coa súa esperanza de vida total; As candorcas, por exemplo, poden comezar o climaterio e a menopausa entre os 30 e 40 anos, e poden vivir até máis de 90. Esta extensa fase post-reprodutiva é bastante infrecuente nos mamíferos.
- ↑ Ellis, Samuel; Franks, Daniel W.; Nielsen, Mia Lybkær Kronborg; Weiss, Michael N.; Croft, Darren P. (2024-03). "The evolution of menopause in toothed whales". Nature (en inglés) 627 (8004): 579–585. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/s41586-024-07159-9.
- ↑ "perimenopausia, premenopausia". Etimologías; el profe Treviño (en castelán). 2024-05-04. Consultado o 2024-11-20.
- ↑ Nelson, Heidi D (2008-03). "Menopause". The Lancet 371 (9614): 760–770. ISSN 0140-6736. doi:10.1016/s0140-6736(08)60346-3.
- ↑ DIAZ SANCHEZ, María Elena. Biotipo y climaterio femenino. Rev Cubana Med Gen Integr. [online]. mayo-jun. 1999, vol.15, no.3 [citado 17 marzo de 2008], p.310-317. Disponible en la World Wide Web: [1]. ISSN 0864-2125.
- ↑ Berni, Neiva Iolanda de Oliveira; Luz, Maria Hecker; Kohlrausch, Sheila Cristina (2007-06). "Conhecimento, percepções e assistência à saúde da mulher no climatério". Revista Brasileira de Enfermagem (en portugués) 60: 299–306. ISSN 0034-7167. doi:10.1590/S0034-71672007000300010.
- ↑ Victoria García-Viniegras, Carmen Regina; Maestre Porta, Salud (2003-12). "Climaterio y bienestar psicológico". Revista Cubana de Obstetricia y Ginecología 29 (3): 0–0. ISSN 0138-600X.
- ↑ Donaldson, Alexandra (2024-10-07). "We're Finally Talking About Menopause. A Lot. Why Now?". The Kit (en inglés). Consultado o 2024-11-19.
- ↑ Ardila, Rubén. "Calidad de vida: una definición integradora" Revista Latinoamericana de Psicología, vol. 35, núm. 2, 2003, pp. 161-164 (en castelán)
- ↑ "Declínio cognitivo e perimenopausa: Revisão sistemática". SBRH; Reprodução & Climatério. Consultado o 20 de novembro de 2024.
- ↑ "Osteoporose". SNS24 (en portugués). Consultado o 2024-11-19.
- ↑ Chang, Jennifer G.; Lewis, Meghan N.; Wertz, Maggie C. (2023-07). "Managing Menopausal Symptoms: Common Questions and Answers". American Family Physician (en inglés) 108 (1): 28–39. ISSN 1532-0650.
- ↑ "Climacterium - an overview". ScienceDirect Topics. Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "Endocrine.org". www.endocrine.org (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "Management of Menopausal Symptoms". www.acog.org (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "Menopause - Things you can do". nhs.uk (en inglés). 2022-05-24. Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "O que é a perimenopausa e o que acontece com as mulheres quando esse processo começa". BBC News Brasil (en portugués). 2022-02-19. Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "Your Complete Guide to Menopause". Healthline (en inglés). 2018-01-17. Consultado o 2024-11-20.
- ↑ Crespo, Cortney; Erlich, Deborah (2024-03). "Fezolinetant (Veozah) for the Treatment of Menopause Symptoms". American Family Physician 109 (3): 273–274. ISSN 1532-0650.
- ↑ 25,0 25,1 Palacios, S.; Henderson, V. W.; Siseles, N.; Tan, D.; Villaseca, P. (2010-10). "Age of menopause and impact of climacteric symptoms by geographical region". Climacteric: The Journal of the International Menopause Society 13 (5): 419–428. ISSN 1473-0804. PMID 20690868. doi:10.3109/13697137.2010.507886.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Estal, E. del, Fabris A., F. Caamaño, A., R. Manglano T. Señoras. (2023) Una guía integral de la salud en la menopausia . Barcelona: Arpa. ISBN: 978-84-19662-09-5.
- May Serrano. (2019) Climaterio. Todo lo que sabes sobre la menopausia es mentira. Arcopress Edicións.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |