Composto de Dianin
Composto de Dianin | |
---|---|
4-(2,2,4-Trimetil-4-cromanil)fenol | |
Outros nomes 4-p-Hidroxifenil-2,2,4-trimetilcromano | |
Identificadores | |
Número CAS | 472-41-3 |
PubChem | 97788 |
ChemSpider | 88264 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C18H20O2 |
Masa molecular | 268,35 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O composto de Dianin (4-p-hidroxifenil-2,2,4-trimetilcromano) é un composto que é un isómero de condensación do bisfenol A e a acetona, que ten especial importancia na química hospedador-hospedado porque pode formar unha gran cantidade de clatratos con moléculas hospedadoras axeitadas. Foi inventado polo ruso Aleksander Dianin en 1914.[1] Un exemplo destes clatratos é o formado polo composto de Dianin con morfolinos.[2] A lenta evaporación dunha solución que conteña ambos os compostos orgánicos rende cristais. Cada cela unidade asimétrica que constitúe o cristal contén seis moléculas de cromano, das cales dúas están desprotonadas e dúas son moléculas morfolino protonadas. As seis moléculas de cromano son pares racemato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A.P. Dianin, J. Russ. Phys. Chem. Soc., 1914, 36, 1310
- ↑ Gareth O. Lloyd, Martin W. Bredenkamp and Leonard J. Barbour (2005). "Enclathration of morpholinium cations by Dianin's compound: salt formation by partial host-to-guest proton transfer". Chemical Communications 32 (32): 4053–4055. PMID 16091797. doi:10.1039/b507726e.