CSP
Aparencia
(Redirección desde «Confederación Suramericana de Patín»)
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2023.) |
A Confederación Suramericana de Patín ou CSP é unha organización independente recoñecida pola Fédération Internationale de Roller Sports que agrupa ás federacións de patinaxe artístico, hóckey a patíns e patinaxe de velocidade de Suramérica. Foi creda en 1954 e actualmente está composta por dez federacións, das cales nove son membros de pleno dereito e unha, a catalá é membro adherido.
Membros
[editar | editar a fonte]A CSP contempla a posibilidade de acoller membros de pleno dereito e membros adheridos. Mentres que os primeiros teñen voz e voto, os segundos unicamente teñen voz para expresar os seus puntos de vista, mais non poden exercer o voto na toma de decisións.
Membros de pleno dereito
[editar | editar a fonte]Arxentina (Confederación Argentina de Patín)
Brasil (Confederaçao Brasileira de Hóquei e Patinaçao)
Chile (Federación Chilena de Hockey y Patín)
Colombia (Federación Colombiana de Patinaje)
Ecuador (Federación Ecuatoriana de Hockey y Patín)
Panamá (Asociación Panameña de Patinaje)
Paraguai (Confederación Paraguaya de Patinaje)
Uruguai (Federación Uruguaya de Patín)
Venezuela (Federación Venezolana de Patinaje)
Membros adheridos
[editar | editar a fonte]Cataluña (Federació Catalana de Patinatge)
Presidentes
[editar | editar a fonte]- ???-2007: Ernesto Cajaravilla
- 2007-...: Armando Quintanilla
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |