Congrinos
Congrinos Congrinae | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Congro (Conger conger) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
A dos congrinos (Congrinae) é unha subfamilia de peixes da familia dos cóngridos, integrada na orde dos angüiliformes.
A subfalilia conta cunhas 125 especies de congros (propiamente ditos) reunidas en 22 xéneros que viven en augas superficiais dos mares tropicais e subtropicais de todo o mundo. Os congros son na súa maioría de hábitos nocturnos e durante o día viven agochados en covas, fendas das rochas ou enterrados en fondos areosos. Son depredadoes, alimentándose de pequenos peixes, crustáceos e cefalópodos.[1]
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]Son moi semellantes ás anguías, das que difiren pola lonxitude da aleta dorsal, que comeza á altura das puntas das pectorais, e pola mandíbula superior, que supera á inferior. A súa pel está desprovista de escamas, e presentan dentes en ambos os maxilares e no vómer. As aletas pectorais están ben desenvolovidas (con relación ás dos outros angüiliformes), e só os orificios nasais anteriores son tubulados.[1][2] Os posteriores están entre os ollos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A bioloxía reprodutiva destes peixes é descoñecida. As femias do congro europeo (Conger conger), a especie máis coñecida, alcanzan a madurez sexual a idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos. Durante o período de cría o tubo dixestivo dexenera, se lle caen os dentes e o esqueleto descalcifícase, ao tempo que as gónadas aumentan considersablemente de tamaño. Poñen de 3 a 8 millóns de ovos,e os adultos morren despois da desova. Dos ovos xorden unhas larvas transparentes en forma de folla de salgueiro (leptocéfalas) que, durante un ou dous anos, levan unha vida peláxica a profundidades de 1 a 200 m e, cando alcanzan uns 15 cm de lonxitude, transfórmanse na típica forma de meixón e rreasládanse a augas costeiras pouco profundas pero, a diferenza das anguías, nunca penetran nas augas doces. As crías medran a moi rapìdamente.[1]
Xéneros
[editar | editar a fonte]A subfamilia dos congrinos comprende os seguintes 22 xéneros:[3]
- Acromycter Smith e Kanazawa, 1977
- Bassanago Whitley, 1948.
- Bathycongrus Ogilby, 1898.
- Bathyuroconger Fowler, 1934.
- Blachea Karrer e Smith, 1980.
- Conger Bosc, 1817.
- Congrhynchus Fowler, 1934.
- Congriscus Jordan e Hubbs, 1925.
- Congrosoma Garman, 1899.
- Diploconger Kotthaus, 1968.
- Gavialiceps Alcock, 1889.
- Gnathophis Kaup, 1860.
- Japonoconger Asano, 1958.
- Lumiconger Castle e Paxton, 1984.
- Macrocephenchelys Fowler, 1934.
- Paruroconger Blache e Bauchot, 1976.
- Promyllantor Alcock, 1890.
- Pseudophichthys Roule, 1915.
- Rhynchoconger Jordan e Hubbs, 1925.
- Scalanago Whitley, 1935.
- Uroconger Kaup, 1856.
- Xenomystax Gilbert, 1891.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Congrinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Congrinae en Barcodes of Life.
- Congrinae en NCBI.
- 'Congrinae no WoRMS.