Saltar ao contido

Conversa:Crise económica de 2008-2013

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

A frase de Jesús Huerta de Soto creo que é claramente parcial, Huerta é un anarcocapitalista, partidario dunha propiedade privada absoluta e contrario a calquera clase de Estado, varre para casa: a culpa é do Estado e o capital privado ou as grandes empresas non teñen culpa de nada. --Cheluco 17:22, 27 de decembro de 2010 (UTC)

  • Pois estou de acordo en equilibrar este artigo. Ti mesmo podes facelo porque te vexo capacitado, eu non son moi entendido en economía e o artigo é pura tradución e calquera nova achega mellorará o artigo. --Xoán Carlos Fraga 18:25, 27 de decembro de 2010 (UTC)
Eu tampouco é que saiba moito do tema e non creo que estea capacitado para arranxalo, pero sei o que representa a Escola austríaca de economía, e poñela como único referente do artigo é dar por boa certas posicións ultraliberais --Cheluco 18:29, 27 de decembro de 2010 (UTC)
A opinión de Huerta xa non está no encabezamento, opinións imparciais e acreditadas vai ser difícil e neste tema máis que noutros. Pero desde logo, se se poñen outras opinións, teorías ou feitos, pois mellor para o artigo. --Xoán Carlos Fraga 14:44, 30 de decembro de 2010 (UTC)

Pódese saber o que é un anarcocapitalista? Sóame tan contraditorio... Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:14, 30 de decembro de 2010 (UTC)

En breve podes mirar neste libro en inglés [1], vídeos en castelán [2], entronca co movemento libertario estadounidense e como os anarquistas están en contra do Estado, debendo ter o individuo liberdade absoluta, entendendo que é a empresa privada a que garante a liberdade do individuo.--Cheluco 15:31, 30 de decembro de 2010 (UTC)
Contraditorio segundo se mire. Podemos definir ao anarcocapitalismo como a ideoloxía que defende o individualismo máis radical no terreo económico, a lei da selva na ecomomía de mercado. Son posturas estremedamente economicistas, que rexeitan a máis mínima intromisión do Estado nos designios económicos, ata o estremo de chegar a rexeitar o pagamento de impostos, por exemplo. Sonados anarcocapitalistas foron Milton Friedman e, sobre todo, o seu fillo David Friedman, considerado o seu principal valedor. --Paradanta (Cóntame) 15:33, 30 de decembro de 2010 (UTC)

Gracias polas vosas explicacións, compañeiros, sempre tan eficientes. De todos modos, e dentro da miña ignorancia, non atopo diferencia entre o que me dicides e o neoliberalismo. Pero xa procurarei eu pórme ó día. Gracias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:14, 30 de decembro de 2010 (UTC)

título do artigo

[editar a fonte]

O artigo comezou en decembro de 2010 como "Crise económica de 2008-2010"; en maio de 2011 moveuse a "Crise económica de 2008-2011", título que conserva no cabezallo; en xaneiro de 2014 moveuse a "Crise económica 2008-2013".
En castelán o título é xa "Crise económica 2008-2015"; en catalán "recesión global 2008-2012"; en inglés e portugués é "Gran recesión"; en éuscaro "crise económica de 2008".
Eu son partidario dun título ao estilo en:/pt: (sen datas) ou eu: (só con data de inicio). --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de decembro de 2015 ás 11:45 (UTC)[responder]

"Crise económica de 2008" / "Crise económica de comezos do século XXI"... case mellor o primeiro. Banjo tell me 11 de decembro de 2015 ás 11:47 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Crise económica de 2008-2013. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de outubro de 2019 ás 20:59 (UTC)[responder]