Saltar ao contido

Conversa:Presidencia da Xunta de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Presidencia da Xunta»)

Untitled

[editar a fonte]

Para evitar a linguaxe sexista, propoño mover o artigo a Presidencia da Xunta, modificando un pelín o cabezallo (en vez de O presidente da Xunta é o encargado de liderar a Xunta de Galicia, podería quedar A presidencia da Xunta é o cargo ocupado pola persoa encargada de liderar a Xunta). De momento todo foron homes, pero pode mudar a situación e termos unha presidenta da Xunta. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:16, 15 de abril de 2011 (UTC)

A min non me parece mal, pero non vexo sexismo por ningún lado. Ademais, non é este o único caso, temos moreas de artigos sobre presidentes de tal o cal cousa, pero ningún sobre presidentas ou presidencias. Non sería máis lóxico Presidencia da xunta de Galicia? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:43, 15 de abril de 2011 (UTC)

  • O sexismo na linguaxe é un matiz difícil de percibir para os homes, pero existe e este é un caso claro. Ten ademais a vantaxe de ser de fácil solución e non reiterativa (rexeitaría unha solución do estilo de Presidentes e presidentas da Xunta de Galicia). Se pon en evidencia un tratamento similar noutros casos (como tal, Presidente do Goberno de España), haberá que ir solucionando cada caso, ós poucos. Creo que Estevo pon de manifesto un erro e que a solución é corrixir ese erro, aínda que implique chollo, moito chollo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:34, 15 de abril de 2011 (UTC)

Comentario: Que haxa moreas de artigos máis por modificar non é motivo para deixar de corrixir. Por certo, outras tarefas pendentes sería mudar as categorías ("Nados en" -> "Persoas nadas en"...) e xa o summum sería a posibilidade de, ao rexistrarse, poder elixir entre ser Usuario:Fulano ou Usuaria:Mengana. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:00, 15 de abril de 2011 (UTC)

Sobre isto último que apunta Estevo, podo dicir que existen algunhas (poucas) mensaxes de MediaWiki que xa mostran o adxectivo en feminino se tes seleccionado "Muller" na opción de elección do sexo das preferencias. Con respecto ao tema que tratamos, paréceme boa idea buscar unha forma neutra sempre que sexa posible. --Toliño Fala aquí comigo 10:49, 16 de abril de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Presidencia da Xunta. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 07:00 (UTC)[responder]