Saltar ao contido

Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 13

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo das conversas da segunda metade do 2016:

Foto para Karina Falagan

[editar a fonte]

Ola Eli.

O restaurante de Karina tirárono en 2014. O actual, obra de 2015, non ten nada que ver con Karina e non creo que sexa axeitado para ilustrar o seu artigo, e menos como foto única.

Xa sabes que non penso que calquera foto sexa mellor que ningunha foto. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2016 ás 15:37 (UTC)[responder]

Outro tema. Sobre isto [1] o Listeriabot volve tentar poñer a imaxe porque está asociada en Wikidata. O que hai que facer para que non pase é eliminar a asociación en d:Q6289972 (xa o fixo outro bot así). --. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2016 ás 22:03 (UTC)[responder]

4 de xullo de 2016 ás 19:45 (UTC)

11 de xullo de 2016 ás 15:14 (UTC)

Boas Elisardojm! Poderías mirar en Modelo:Iconas dos portais se está todo ben coa icona do Portal:China? Non sei por que pero non sae a icona ao incluir a barra de portais (podes velo en China e en HC Red Star Kunlun). Graciñas!! Piquito (conversa) 12 de xullo de 2016 ás 21:37 (UTC)[responder]

Acabo de mirar e cando se pon un só portal (sen o modelo da barra) vése a icona, pero na barra non. Piquito (conversa) 12 de xullo de 2016 ás 21:40 (UTC)[responder]
Grazas Elisardojm! Vin onde había que facer a operación, pero non me deixaba gardala, se cadra é algo só para usuarios VIP. Piquito (conversa) 30 de xullo de 2016 ás 22:38 (UTC)[responder]

Imaxes parroquias Chantada

[editar a fonte]

Boas (e moi calorosas) tardes Elisardojm. Pois resulta que me emocionei co proxecto de imaxes para parroquias e hoxe veño de completar as que faltaban no Concello de Chantada. Aquí tiven que dar máis voltiñas, pois algunhas estan moi agochadas e, para variar, a sinalización é a que é... Con todo debo dicir que me sigue aportando ledicias e sorpresas; así que vaia o comido polo servido. Xa sabes, cando poidades poñede Chantada en verde (e xa se empeza a ver unha pequena "invasion" verde polo sureste lugués. Imos ver de continuar con Portomarín. Saúdos --Satna (Ti dirás) 17 de xullo de 2016 ás 17:30 (UTC)[responder]

De paso que che dou a benvida das vacacións (non mo tomes a mal ;-)), veño tamén para che dicir que a "invasión verde" xa conquistou Portomarín. Grazas a este proxecto estou descubrindo moitas cousas fermosas da miña bisbarra (bueno, tamén hai algunha que non é tan fermosa...). O que che pasou a ti con Pedrafita, que dan ganas de volver por moitas sorpresiñas coma, por poñer un exemplo, a que me deu a min a igrexa de Recelle, Portomarín, que presenta certas singularidades que me chamaron a atención. Mirarei de continuar cara Guntín para así achegar ás murallas o verdor. Grazas polos recoñecementos --Satna (Ti dirás) 28 de xullo de 2016 ás 17:19 (UTC)[responder]

Boa tarde Elisardo. Antes de dar o brinco a Guntín (que ten unha de choio de moito carallo!!), hoxe veño de completar o Concello de Paradela. Así que cando che cadre ben podes "pintalo de verde" no mapa de Lugo. Unha aperta --Satna (Ti dirás) 14 de agosto de 2016 ás 20:12 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 14 de agosto de 2016 ás 20:22 (UTC)[responder]

De volta das vacacións, tento reubicar todos os tentáculos no garaxe... Mirarei de atopar o xeito de repasar esas parroquias de Paradela que me dicías. Tamén terei tino para que o posible "choque" con Riciños sexa o máis amistoso posible, a ver se imos conquistando algo máis de territorio verde antes de que nos pille o inverno. Saúdos --Satna (Ti dirás) 2 de setembro de 2016 ás 19:12 (UTC)[responder]

Veño para dicirche que fixen o encargo de mudar as imaxes das tres parroquias de O Páramo que tiñan soamente o cartel de sinalización. Eran Saa, Piñeiro e Santo André (*). Poño asterisco nesta última, porque resulta que esa parroquia é coñecida como "Santa Andrea"; e así aparece reseñada na sinaléctica. Falei con algún veciño do lugar e comentoume que cecais antigamente se dixera André. Sexa como for, o encargo está feito; así que agora vou ver de me poñer dacordo con Riciños para repartir o choio en Guntín. Saúdos --Satna (Ti dirás) 4 de setembro de 2016 ás 13:03 (UTC)[responder]

[m:Special:MyLanguage/Tech/News/2016/29|Tech News: 2016-29]]

[editar a fonte]

18 de xullo de 2016 ás 12:01 (UTC)

The Signpost: 21 July 2016

[editar a fonte]

WikiEncontro Porto, Portugal

[editar a fonte]

Bos días excelentísimo usuario Elisardojm. No día 14 de agosto de 2016 na cidade do Porto (Portugal) vai haber unha reunión de Wikipedistas e queriache convidar e saber se gústariache participar; se coñeces outros colaboradores da Galipedia tamén son benvid@s! Se estiveres interesado dín na miña conversa na Wikipedia en Portugués. Grazas pola súa atención, Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 23 de xullo de 2016 ás 13:32 (UTC)[responder]

Local files

[editar a fonte]

Hi Elisardojm!

More and more Wikipedias move all their free files to Commons and delete the local duplicates.

Could you maybe delete some of the files that are duplicates of files in Commons? 238 files use the template NowCommons: Special:Whatlinkshere/Template:NowCommons . More can be found at Categoría:En Commons and Categoría:Imaxes subidas a Commons. 91.9.114.209 25 de xullo de 2016 ás 17:36 (UTC)[responder]

25 de xullo de 2016 ás 19:54 (UTC)

Consulta

[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Veño de publicar unha tradución da wikipedia en español sobre o artigo “Teatro romano”. En primeiro lugar, agradecería que lle botaras unha ollada por se hai algo que modificar. E despois, quería facer unha suxestión. Na parte final, aparece clasificado nas categorías de: Roma Antiga e Teatro. Estiven mirando os contidos desta segunda, e coido que se refiren máis ao aspecto literario que ao arquitectónico que foi no que me centrei. Polo tanto, sería pertinente, mover/eliminar o artigo desta segunda categoría? Que che parece? Graciñas.--maghoi (conversa) 27 de xullo de 2016 ás 16:14 (UTC)[responder]

Agradecemento

[editar a fonte]

Grazas por todo. Pretendo ir traducindo e engadindo artigos sobre Ciencias Sociais (Arte, Historia, Xeografía) e ir tapando algúns ocos que quedan por aí. É grato comprobar que andades amañando o que un desfai. Grazas e seguireiche facendo consultas.--maghoi (conversa) 28 de xullo de 2016 ás 15:06 (UTC)[responder]

Utilízase

[editar a fonte]

Xa cho amañou o Estevo. Apertas. --Atobar (conversa comigo) 30 de xullo de 2016 ás 15:43 (UTC)[responder]

RE:Parabéns

[editar a fonte]

Boa tarde,Elisardo.Moitas grazas, un gusto colaborar.Saúdo--Riciños (conversa) 30 de xullo de 2016 ás 15:20 (UTC)Riciños[responder]

Ola, Elisardo. Até onde eu sei, nin sequera está moi claro a canto líquido equivale a *caña de cervexa. Varía de país en país, e de rexión en rexión. Bótalle unha ollada en Google, para máis info. Así pois, a súa tradución tamén forzosamente varía, non só para o galego. Temos polo tanto que falar de cervexa (a secas), de cervexa de barril, dun vaso de cervexa, dun chope de cervexa (pero para min iso quedaría algo escaso para o que vén sendo a *caña) ou dun quinto de cervexa (20 cl). Mirei nalgúns dicionarios e ningún trae equivalencia directa; cana non valería, iso está claro. Se optas por escribir á Academia e din algo máis, faimo saber. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 31 de xullo de 2016 ás 09:16 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm! A verdade é que experto en xudaísmo non son ;) Porén, creo que os "pecados cardeais" do xudaísmo non son equivalentes aos "pecados capitais" do cristianismo. Os pecados cardeais no xudaísmo son idolatría/apostasía, sexualidade inapropiada, e asasinato. Se supón que un xudeu debe prefirir morir antes de caer neles. O concepto non é igual ao dos pecados capitais, que son unha clasificación dos vicios "básicos". --Norrin (Fálame) 1 de agosto de 2016 ás 07:14 (UTC)[responder]

1 de agosto de 2016 ás 21:48 (UTC)

The Signpost: 4 August 2016

[editar a fonte]

8 de agosto de 2016 ás 15:41 (UTC)

Masaaki Higashiguchi

[editar a fonte]

ola, Elisardo! Boa noite!!

Devolvín ao artigo sobre Masaaki Higashiguchi o marcador de atención porque son diversos os erros a corrixir. Para aquelar o formato cómpre incluír o lugar de nacemento no comezo da redacción; amais, cómpre substituír o {PAGENAME} polo nome do futbolista Tamén hai que incluír varias categorías: a do lugar de nacemento, a da posición en que xoga, e as dos equipos en que xogou.

Hai máis de 200 artigos feitos sen recoñecemento da orixe polo mesmo usuario, e todos teñen os mesmos problemas. Eu son partidario de borrado rápido, pero para quitarlle o marcador de atención entendo que deben cumprir un mínimo de requisitos conforme ao resto de artigos de futbolistas.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de agosto de 2016 ás 00:01 (UTC)[responder]

15 de agosto de 2016 ás 19:37 (UTC)

RE:ISBNs

[editar a fonte]

Se non marcan erro no Especial:Fontes Bibliográficas é que están correctos, pero isto vaiche levar demasiado tempo xa que hai que ir un por un. O pywikibot ten unha función que comproba os ISBNs, pola tarde doulle unha pasada e se non marca erro é que xa están todos ok e xa lle saco o marcador ó artigo. Grazas polo choio. Banjo tell me 18 de agosto de 2016 ás 10:13 (UTC)[responder]

Tradutores

[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Por casualidade non saberás de algún tradutor en liña fiable que poida empregar para traducir un artigo en húngaro... para cousiñas de inglés, francés, etc emprego o de Google, pero ao non ter coñecementos de húngaro precisaría unha ferramenta máis fiable. Graciñas!! Piquito (conversa) 18 de agosto de 2016 ás 22:36 (UTC)[responder]

Renomear en Commons

[editar a fonte]

Descubrín onte unha forma de solicitalo alí, pero rexeitárono:

  • File move requests
  • Hi Lameiro, I've declined your requests as as per Commons:File_renaming#Which_files_should_not_be_renamed.3F files shouldn't just be English - All languages here are fine, Thanks, ––Davey2010Talk 16:13, 20 August 2016 (UTC)

Moi "amable" o tipo (nótese a ironia). Como sempre, o nome dos meus ficheiros non ía en inglés, nin a descrición, nin a solicitude de renomeamento, salvo ese motivo 1 predeterminado: "Pedido do Uploader", e a categoría, por suposto.

Ben, o caso é que onte, subindo fotos, dinlle á opción de copiar os datos nas imaxes seguintes, e copioume ata o nome da primeira foto, cambiando só a numeración. E agora teñen un nome que non ten que ver coa fotografía. Trátase das tres fotos seguintes (vai co texto da solicitude):

Bueno, pois graxas pola túa resposta e o teu interese. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de agosto de 2016 ás 12:01 (UTC)[responder]

OK Feito. --. HombreDHojalata.conversa 21 de agosto de 2016 ás 12:13 (UTC)[responder]

*Extenden

[editar a fonte]

Nas páxinas das imaxes de Galipedia (por exemplo, nesta Ficheiro:Saturninus vignay.jpg), hai unha sección coa Licenza, e nela esta frase: "Este material está no dominio público nos demáis países onde os dereitos de autor se extenden por 70 anos (ou menos) trala morte do autor". Ti saberás quen e onde debe corrixir ese *extenden. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de agosto de 2016 ás 13:16 (UTC)[responder]

22 de agosto de 2016 ás 21:17 (UTC)

Re:Fotos de parroquias

[editar a fonte]

Boas Elisardo: Como che vai? Sobre o que comentas das fotos das parroquias de Laxe e máis a de Anos fíxoas Revolante. É el quen ten que subilas, mais penso que vou ter que ir por Carballo para "axudalo", e de paso facer algunha foto máis das parroquias que faltan. Pero ben, se me dis que vas ir esta finde a facer as de Ponteceso (podes facer tamén a de Cundíns que é a que queda de Cabana, e está moi preto de Anllóns) ao sur. Sobre o que comentas das que quedan de Coristanco, paréceme ben o que comentas de deixalas para os rapaces do instituto, aínda que me deixas coa mel nos labios :) Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 22 de agosto de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]

RE:Parroquias Lugo

[editar a fonte]

Feito! Feito! Banjo tell me 23 de agosto de 2016 ás 20:12 (UTC)[responder]

Fotos parroquias Ourense.

[editar a fonte]

Boas Elisardo: Sobre as foto das parroquias de Ourense A Rúa completo. En Coles corrixo pasa de verde a amarelo. Rairiz de Veiga, Parada de Sil, Baños de Molgas e Pereiro de Aguiar pasan a amarelo. E Carballeda de Valdeorras e Verín pasan a castaño. A verdade pouco cambio!

Un saúdos --Brathxa (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 11:02 (UTC)[responder]

Boas Elisardo: Na paxina https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Wikiproxecto_fotos_de_parroquias aparece a miña imaxe https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Fotos_parroquias_Ourense.svg#/media/File:Fotos_parroquia pero algo raro pasa que por veces aparece una imaxe de 2/29/2015 o dar lle a Abrir no visor de ficheiros multimedia o en Máis detalles pásame cando estou foro do sistema. https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/archive/2/29/20150427014445%21Fotos_parroquias_Ourense.svg a lo mellor e a miña culpa.

Un saúdos--Brathxa (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 15:55 (UTC)[responder]


Fotos parroquias Lugo Boas tardes,Elisardo. Grazas polo recoñecemento. Fun gozando de cada "excursión" e descubrindo moito do noso que non coñecía e estaba ben pretiño.Saúdos.Riciños (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 13:27 (UTC)Riciños[responder]

29 de agosto de 2016 ás 15:59 (UTC)

Reflexións sobre os artigos de calidade

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Botánica

[editar a fonte]

Ola, como sabes, estiven dando unha volta polos artigos creados estes catro anos de botánica, e atopei unha desfeita. Isto é unha enciclopedia aberta obviamente, pero como sabes na parte botánica a nomenclatura vulgar ten un gran baleiro dende a RAG, polo que sempre intentei que houbese unha coherencia e que, como lingua importante, para unha mesma especie salientase un nome vulgar, e non vinte. Moitos artigos mudaron ao nome científico, aparecen xéneros sen cursiva, multiplicidade de nomes (si, referenciados) pero que eu me encargara de cribar para evitar erros. Un claro exemplo é o artigo do xénero Ulmus, os ulmeiros, nome referenciado, e que, como creador da páxina creo que é máis correcto que olmo ou o científico que apareza como entrada; pois agora é Ulmus (sen cursiva) e aparecen como vulgares os tres nomes de mesma orixe: ulmeiro, umeiro e olmo...Supoño que o colaborador Marcio intenta axudar, e xa lle pedín que consulte primeiro comigo, que teño feito practicamente toda a botánica da Galipedia...pero a verdade que estas cousas tiran folgos e dan ganas de deixar de editar, é moi doado amañar por riba cando ti te crebaches os miolos buscando referencias para facer que a botánica da Galipedia fose a mellor. Todo se pode falar e cambiar e mellorar os artigos e mesmo as entradas, pero con cautela e consultándoo. Coméntocho a ver se podes botar unha man. Grazas. Un saúdo.Nachonion (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 01:04 (UTC)[responder]

5 de setembro de 2016 ás 17:12 (UTC)

Dedicatoria

[editar a fonte]

Entendo que me preguntas se se pode subir unha foto dunha dedicatoria manuscrita.

Non creo que haxa problema ningún. Supoño que serán un par de liñas. Por brevidade (aplíquese "dereito de cita") e por non constituír en si mesma obra literaria (aplíquese "texto simple") non creo que ninguén poida dicir que se violen dereitos de autor ningúns. --. HombreDHojalata.conversa 6 de setembro de 2016 ás 21:55 (UTC)[responder]

Por dubidar, pódese dubidar de todo, mesmo das "fontes acreditadas" que, de feito, as veces, conteñen erros.
Podemos incorporar a información, e a documentación, asumindo a boa fe, e, ao mesmo tempo, se tes dúbidas razoables e o estimas oportuno, manter o marcador {cómpre referencia}. Son cousas compatibles. --. HombreDHojalata.conversa 7 de setembro de 2016 ás 10:48 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm! Contéstoche ás dúas mensaxes na mesma.

  • Sobre o da India: grazas pola revisión, mais o meu traballo no artigo rematou, eu considero que nun artigo sobre un país con tanta historia, diversidade, etc é positivo que conte cunha bibliografía extensa, de feito tanto nos artigos en portugués como en inglés as súas respectivas seccións bibliográficas son igual de extensas. Nun artigo sobre un país hai moitos aspectos que tratar (xeografía, historia, cultura, biodiversidade...) e iso require dunha bibliografía extensa (iso creo eu). Eu non entendo como na Galipedia pode votarse a favor dun artigo para calidade sen ter bibliografía e votar en contra porque teña moita bibliografía... non sei, para min non ten lóxica. Se Banjo quere poñer os libros dos que só hai unha cita dentro da mesma en lugar da bibliografía creo que o debería facer el, que é quen viu o caso en lugar de darme máis traballo a min... eu creo que a xente que entra a mirar a Galipedia non mira as citas, en tal caso mira a bibliografía, as citas son importantes para darlle consistencia ao artigo, pero creo que unha boa bibliografía non está de máis, por extensa que sexa. Dito isto, na miña opinión o artigo é de calidade (xa podería ter saído se a xente colaborara un pouco en revisar a ortografía, pero isto é o de sempre) e polo tanto creo que non teño máis nada que facer nel.
  • Sobre o artigo de Wagner: a maior parte da información está tirada do artigo da Wikipedia en lingua inglesa. A obra de Wagner influiu nas artes do século XX e da súa época, pero refírese ao século XX (por exemplo na obra de Mahler). A frase da nota 6 que citas na miña conversa o que quere dicir en realidade é que Geyer e a nai de Wagner tiveron unha filla, Caecilie.

Grazas e unha aperta, Piquito (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 21:19 (UTC)[responder]

Actuacións ante o pirateo

[editar a fonte]

Boas tardes. Bota un vistazo a este fío da Taberna. Non sei se cómpre facer algo ou se o deixamos pasar. Pedro --Lameiro (conversa) 9 de setembro de 2016 ás 17:27 (UTC)[responder]

12 de setembro de 2016 ás 18:04 (UTC)

Pittsburgh Penguins

[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Vin que arranxaches as ligazóns do artigo dos Pittsburgh Penguins. Agradécese a intención, pero o aviso que deixei na conversa do artigo era precisamente para advertir aos usuarios de que non as arranxaran, xa que son referencias que seguramente vaian na sección de "Historia" que estou a traducir do francés. Desgraciadamente non domino esa lingua e vaime levar tempo, pero espero pouco a pouco rematala e facer un artigo de seu como o da Historia dos Montreal Canadiens ou Historia dos Boston Bruins. Non sei se será mellor desfacer as túas edicións ou deixalas e poñerlles unha marca a cada unha das referencias para saber cales son as que hai que poñer como estaban, o que teño medo é que haxa edicións polo medio (non creo porque o tema non lle interesa a moitos usuarios da Galipedia, pero...) e non se poidan revertir xa as túas. Unha aperta e grazas de todos xeitos!! Piquito (conversa) 13 de setembro de 2016 ás 20:47 (UTC)[responder]

RE:Wagner

[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Xa está arranxado, sobraba un til, o título orixinal en italiano é La lugubre gondola. Creo que sae en algún filme, se queres escoitala déixocha aquí coa partitura e todo. Unha aperta e grazas polo aviso. Piquito (conversa) 19 de setembro de 2016 ás 17:58 (UTC)[responder]

Boas de novo! Paréceme ben a adaptación que fixeches da frase, por min adiante co cambio. Sobre o maestro, púxeno en cursiva porque non sei se é aceptado en galego. O título de maestro é un tratamento respectuoso italiano (empregado en moitas linguas como inglés, castelán, portugués...) para referirse principalmente aos directores, mais tamén para referirse a outras personalidades especialmente destacadas como compositores. O lóxico sería que fose válido en galego, mais como non estou seguro o poño en cursiva por consideralo un italianismo. Grazas pola revisión, é unha mágoa que non vaia sair, pero polo menos quedará ben a ortografía, que mágoa que a xente non axude e haxa as loitas de egos que hai na Galipedia, iríanos moito mellor se viramos no resto de editores a compañeiros, pero é o que nos toca aquí. Unha aperta e grazas de novo!! Piquito (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 11:03 (UTC)[responder]
Boas Elisardojm! Eliminei a parte, non vin o filme e non podo asegurar que esa escena en concreto evoque especialmente a Tristan, como a referencia é do resto da frase decidín eliminar esa parte, máis aínda se me dis que non aparece nin en inglés nin en castelán, debía ser algo que había ou algo que mesturei por erro na tradución. Unha aperta e grazas! Piquito (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 08:40 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Xa puxen o modelo "traducido de". Puxen a data na que propuxen o artigo para calidade, que foi cando o rematei, porque para min é imposible lembrarme de cando metín cousas da Wikipedia en castelán e cando da Wikipedia en inglés, supoño que non haberá problema. Un saúdo e grazas polo traballo!! Piquito (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 10:57 (UTC)[responder]

19 de setembro de 2016 ás 22:09 (UTC)

Boas Elisardojm! Se tes un momento poderías poñer o aviso da votación que acabo de abrir para artigo de calidade da cantata Erschallet, ihr Lieder, erklinget, ihr Saiten! BWV 172 de Bach? Unha aperta!! Piquito (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 09:53 (UTC)[responder]

RE: Cantata

[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Grazas polos arranxos no artigo da Cantata BWV 172! Xa puxen o aviso da tradución na conversa do artigo. Sobre o que me comentas das ligazóns externas, como moitas son artigos, imaxes de libriños de discos, e similares, e ademais empréganse para referenciar o artigo, pensei que estaría ben deixalas como "bibliografía", como nos artigos de orixe, de todos xeitos, se consideras que é mellor pasalas a "ligazóns externas" por min non é problema, eu non lle dou maior relevancia a esas cousas, se cres que vai estar mellor así adiante. Unha aperta!! Piquito (conversa) 22 de setembro de 2016 ás 22:05 (UTC)[responder]

Imaxes de publicidade do BNG no artigo das eleccións

[editar a fonte]

Ola Eli.

A tua intención é boa pero, de feito, o resultado é que un artigo das eleccións que unicamente inclúe imaxes publicitarias do BNG non cumpre coa política de neutralidade.

Poderanse poñer cando haxa dispoñibles variedade de imaxes.

Por outra banda, porqué non as inclúes nos artigos de seu? --. HombreDHojalata.conversa 26 de setembro de 2016 ás 09:50 (UTC)[responder]

26 de setembro de 2016 ás 18:07 (UTC)

The Signpost: 29 September 2016

[editar a fonte]

Wikiproxecto Coruña

[editar a fonte]

A verdade é que a proposta soa interesante. Haberá que ver como se pode desenvolver. Segundo como se faga podería interesarme axudar. Un saúdo.--Jglamela (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 17:04 (UTC)[responder]

Módulo:Concellos

[editar a fonte]

Solucionado. Tamén aproveitei para mellorar Módulo:Concello de xeito que non dea error nin tan sequera cando non haxa datos, e que simplemente devolva unha cadea de texto baleira.

Revertín os teus cambios en Vigo; se eliminaches o uso do módulo nalgún outro artigo vaite tocar revertelo a ti :)

Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 2 de outubro de 2016 ás 03:35 (UTC)[responder]

3 de outubro de 2016 ás 21:30 (UTC)

Teatro de Epidauro

[editar a fonte]

Ola. Veño de rematar a entrada sobre o "Teatro de Epidauro", e agradecíache que lle botaras unha ollada por se queda algo de morralla no código. Tamén faltaría (xa o intentei pero non dou) colocar a caixiña na parte dereita que fai alusión a que está na Listaxe do Patrimonio mundial da UNESCO. Grazas por adiantado.--maghoi (conversa) 9 de outubro de 2016 ás 20:44 (UTC)[responder]

Erros en referencias

[editar a fonte]

Resolto. Dáme moito traballo entender iso das "referencias múltiples", o que se complica máis cando levo material dun artigo a outro (de "aves..." a "o cuco..."). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10 de outubro de 2016 ás 15:43 (UTC)[responder]

Re:Radiación electromagnética

[editar a fonte]

Boas Elisardo, non hai problema en poñela outra vez. Quiteina porque considereina máis axeitada para o artigo da Onda electromagnética, pero pode estar perfectamente nas dúas. Xa me encargo de repoñela. Nas wikis inglesa e castelá está nesa páxina entre outras cousas porque non teñen artigo de "Onda electromagnética"; en ambas é unha redirección a "Radiación electromagnética". Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 10 de outubro de 2016 ás 18:54 (UTC)[responder]

10 de outubro de 2016 ás 20:29 (UTC)

Kuros Anavysos

[editar a fonte]

Ola de novo, Elisardojm. Grazas polos cambios no Teatro de Epidauro (impresionante a rapidez). Agora teño unha dúbida. Veño de facer un artigo sobre o Kuros de Anavysos, e teño as seguintes cuestións: primeiro, sobre o formato do título, debería ser "kuros" ou "kouros" (mantendo a transcripción do grego?), e debería se Anavysos (sempre o vin escrito así) ou Anavisos (na palabra grega, de manter o til orixinal debería ser Anávisos). Tamén habería que eliminar a páxina de kuros de creso; comezara por aí pero colgouse o ordenador e quedou así.

En segundo lugar, non entendo moi ben o mecanismo para colocar a Categoría.

Máis nada. Grazas de novo, pola atención.--maghoi (conversa) 12 de outubro de 2016 ás 22:35 (UTC)[responder]

Re: kouros

[editar a fonte]

Ok. Entendido. Póñome a iso.--maghoi (conversa) 13 de outubro de 2016 ás 20:00 (UTC)[responder]

Re: kouros-fin

[editar a fonte]

Boas de novo. Mirei o que me contestaras. Engadinlle as categorías e sobre a terminoloxía, e como había unha páxina previa que era "kouros", adaptei todas as palabras anteriores a esa forma para que o artigo mantivera a coherencia. Finalmente, o que restaría por facer, sería cambiar tamén o título do artigo. Debería ser "[[94]]" por "Kuros". Grazas.--maghoi (conversa) 13 de outubro de 2016 ás 20:07 (UTC)[responder]

A verdade é un tema complexo. Eu, persoalmente empregaría "Anávisos" porque garda mellor a correspondencia coa lingua orixinal. Mais para non perder a coherencia cos artigos existentes, quizais debería ser "Anavysos", que é como aparece noutro artigo anterior. Saúdos.--maghoi (conversa) 14 de outubro de 2016 ás 08:33 (UTC)[responder]
Pois agradeceríacho, sobre todo para telo eu tamén claro. Saúdos--maghoi (conversa) 14 de outubro de 2016 ás 16:29 (UTC)[responder]

The Signpost: 14 October 2016

[editar a fonte]
News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 14 de outubro de 2016 ás 19:32 (UTC)

17 de outubro de 2016 ás 16:42 (UTC)

Kouros ou kuros e Anávysos ou Anáviso?

[editar a fonte]

Boas, perdoa polo atraso en contestar pero andei algo fóra da wikipedia ultimamente. Aquí hai dous problemas: en grego a palabra κουρος pronunciábase /'kuros/, o problema é que se empregaba o dígrafo <ου> para o son /u/, pero ao transcribirse adóitase manter un falso diptongo ou. Eu creo que deberiamos empregar kuros (nunca se pronunciou /kouros/). Canto o de Anávisos ou Anavisos, o orixinal é Ανάβυσσος, co que debería ser Anávisos. Cuestión aparte é a de manter ou non o -s do final. É de comparar co Knosos ou Knoso. Un saúdo--Servando2 (Dime) 17 de outubro de 2016 ás 17:06 (UTC)[responder]

Apolodoro de Damasco

[editar a fonte]

Ola Elisardojm.

Acudo de novo para preguntar o seguinte. Completando un artigo, cheguei á páxina de Apolodoro_de_Damasco. Nela aparece como categoría, "Arquitectura da Grecia Antiga". Non me atrevín a cambiar a categoría, non vaia ser que escaralle algo, pero penso que é errónea e coido que a páxina debería ser movida a "Arquitectos da Roma antiga". a cuestión é que non era grego, senón romano nacido en Damasco. E toda a súa obra é realizada no imperio romano. Que che parece? Grazas.--maghoi (conversa) 19 de outubro de 2016 ás 17:04 (UTC)[responder]

RE:Mapa de localización de Galicia

[editar a fonte]

Tenteino, pero non é doado. É un svg moi ben feito, literalmente. Os límites de concellos van postos con nodos, non con liñas sen máis, e non conseguín amañalos ben sen rachar medio mapa, non teño tanta experiencia cos svg. Coido que sería mellor pedirllo o autor orixinal ou no wikiproxecto na wiki castelá Banjo tell me 19 de outubro de 2016 ás 18:46 (UTC)[responder]

Si, mellor que revisen eles, escápase das miñas capacidades polo momento. Banjo tell me 19 de outubro de 2016 ás 19:07 (UTC)[responder]
OK Feitas as dúas fusións. --. HombreDHojalata.conversa 19 de outubro de 2016 ás 21:53 (UTC)[responder]
Limpar a caché
Ups, non sei, non teño unha opinión formada ao respecto. --. HombreDHojalata.conversa 19 de outubro de 2016 ás 22:14 (UTC)[responder]

Historia da lingua galega

[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Ben visto. Recuperei a última edición boa. Na páxina de conversa do artigo explico os motivos. É curioso que ultimamente pola rede hai certo ruído de sabres que trata de darlle unha maior entidade a toda a cuestión dos sustratos célticos na lingua galega. Se a ip recunca, que pode ser, mellor que o miren Xoán Carlos Fraga ou Estevoaei; este último, é de Filoloxía galega. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 20 de outubro de 2016 ás 08:46 (UTC)[responder]

24 de outubro de 2016 ás 17:39 (UTC)

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)[responder]

Modelo:Mapa de galipedistas

[editar a fonte]

Bos días Elisardojm! Atopeime co modelo "Mapa de Galipedistas" e pareceme xenial, muito curioso e útil. Estou a crear páxinas de concellos e freguesías portuguesas e o meu obxetivo é ca Galipedia teña artigos de tódalas paraxes e como son muitas e muitas e muitas e por aí fóra entón nunha tentativa de organizar mellor ese traballo e non confundirme etc alén de tódalas vantaxes dunha representación gráfica pensei que poderia apañar un mapa de concellos e outro de freguesías e naquelas que xa creei poño un sinal de Feito! Feito! o que achas? Non sei como facelo caso aches boa ideia. Grazas pola túa atención, Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 25 de outubro de 2016 ás 13:06 (UTC)[responder]

Borrado de imaxe

[editar a fonte]

Ola Eli.

Tal como indica o resumo de edición, o problema era: "Imaxe sen licenza definida".

Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 25 de outubro de 2016 ás 21:15 (UTC)[responder]

Respóndoche por orden ás tres preguntas:
  1. Descoñezo cal é a duración dese prazo prudencial. Cal é?
  2. Eu non falei coa persoa que cargou a imaxe, porque cando fun facelo comprobei que xa o fixeran dos usuarios, o primeiro Banjo, fai máis de catro días, cunha extensa mensaxe explicativa, e, o mesmo día, ti, dicíndolle o mesmo cunha mensaxe máis curta. Unha terceira mensaxe pola miña parte, recuncando, parecíame excesivo.
  3. Antes de eliminar a imaxe, comprobei, tamén, qué páxinas ligaban con ela. Unicamente o fai Valenza, Coristanco. Descoñezo de qué outros proxectos forma parte a imaxe. Con todo, non creo que iso sexa eximente de facer constar a licenza da mesma. --. HombreDHojalata.conversa 25 de outubro de 2016 ás 21:58 (UTC)[responder]
Ola Eli.
Non creo que haxa maior problema por esperar a que se volva a cargar a imaxe correctamente.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 26 de outubro de 2016 ás 06:37 (UTC)[responder]

Dacordo. Para que me quede claro para outra vez, rógoche, por favor, que me digas a min, e que deixes dito nalgunha páxina do proxecto: cantos días hai que deixar pasar, despois de avisar ao usuario, para borrar unha imaxe sen licenza?. Dame un número concreto, por favor. --. HombreDHojalata.conversa 26 de outubro de 2016 ás 07:48 (UTC)[responder]

OK. Eu creo que a miña actuación foi correcta. Lamento que a cuestiones. Lamento que a emendes. Lamento que digas que me comporto como no salvaxe oeste. Que primeiro disparo e despois pregunto. Lamento que insinúes que trabo aos novatos, que asumo mala fe, que estou falto de sentido común... E como todo iso me resulta desagradable, e como non quero que se volva a repetir, e cómo este traballo é voluntario, dimito. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 26 de outubro de 2016 ás 09:28 (UTC)[responder]

31 de outubro de 2016 ás 16:18 (UTC)

Posible troleo na Wikipedia

[editar a fonte]

Ola Elisardo. Veño de observar o contido dun artigo na Wikipedia en castelán sobre Cacheiras (Teo)https://es.wikipedia.org/wiki/Cacheiras_(Teo) e moito me temo que se trata dun troleo total. Podemos facer algo ao respecto? Saúdos. --Satna (Ti dirás) 2 de novembro de 2016 ás 14:38 (UTC)[responder]

Non entendo

[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Desculpa pero non entendo a que te refires con que o artigo da música para piano de Gabriel Fauré é dos últimos que che faltan por amañar, creo que me perdín algo... Piquito (conversa) 3 de novembro de 2016 ás 23:03 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]

The Signpost: 4 November 2016

[editar a fonte]

Se tes un momento

[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Se tes un momento poderías revisar que pasa coas referencias tipo Harvard do artigo Música para piano de Gabriel Fauré? Non sei o que pasa, pero non ligan aos libros... Lin outra vez todo o artigo e paseille o corrector, corrixín un "doutro" (creo, dous como moito), pouco debe quedar por revisar de ortografía, en todo caso proporeino para calidade e espero que alguén o revise máis polo miúdo e canto menos quede ben nese aspecto aínda que non vote a suficiente xente. Unha aperta! Piquito (conversa) 5 de novembro de 2016 ás 21:30 (UTC)[responder]

Grazas!! Piquito (conversa) 5 de novembro de 2016 ás 23:48 (UTC)[responder]

Feito! Feito! gemacht, e outros detalles. ※ Sobreira ►〓 parlez 6 de novembro de 2016 ás 00:06 (UTC)[responder]

7 de novembro de 2016 ás 23:01 (UTC)

Wikimaratón Museo da enerxía

[editar a fonte]

Saúde Elisardo, creei a páxina do evento e avisei na taberna. O caso é que puxen o nome mal e agora non sei como se corrixe o título, polo que o enlace da taberna está roto. Agradeceríache que me fixeras a xestión. Grazas --Viascos (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 22:39 (UTC)[responder]

Grazas --Viascos (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 23:50 (UTC)[responder]

Non entendo esta edición Banjo tell me 9 de novembro de 2016 ás 11:50 (UTC)[responder]

Erros_de_ortografía_e_desviacións

[editar a fonte]

Musgo deixou de ser erro. Non sería mellor eliminalo desta lista?

musgo -> brión, mofo, carriza. Musgo é válido aplicado a alguén que ten os ollos semipechados e tamén, en 2015, é aceptado como planta briófita.Unhanova (conversa) 9 de novembro de 2016 ás 14:08 (UTC)[responder]

Modelos de referencias

[editar a fonte]

Ola Elisardojm! No artigo Mozart en Italia quería tentar poñer o modelo {{Harvnp|...}} nas referencias para ver se funciona, o tema é que hai varias que se repiten e non sei se teño que poñer algún nome ou se agrupan elas soas cando teñen os mesmos parámetros. Un saúdo, Piquito (conversa) 9 de novembro de 2016 ás 23:52 (UTC)[responder]

Grazas, xa me encargo eu, tardarei un pouco pero irei facendo. Graciñas!! Piquito (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 23:59 (UTC)[responder]
Xa puxen todas as referencias co modelo que che dixen, o problema é que non ligan aos libros a pesar de poñer o |ref=harv}}. Non sei cal pode ser o problema, se podes mirar... Piquito (conversa) 14 de novembro de 2016 ás 23:39 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~[responder]

Tonada versus toada

[editar a fonte]

Pois si, levas razón. Cómpre pasala a tonada, con cursiva. Vou tratar de amañalo. Ben vista. --Atobar (conversa comigo) 11 de novembro de 2016 ás 10:14 (UTC)[responder]

Non dirás que non son rápido!

En realidade, está cerrado en falso, como podes ver. Esta tempada estou que non dou abasto, pero uns minutiños remirando no meu blog... Saúdos,--Agremon(contacto) 11 de novembro de 2016 ás 18:34 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm. Poderías poñer en galego o ficheiro Ficheiro:Gran viaje de la familia Mozart.png para poñer no artigo correspondente que estou a facer? Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 18:52 (UTC)[responder]

Grazas!! Piquito (conversa) 8 de decembro de 2016 ás 23:30 (UTC)[responder]

14 de novembro de 2016 ás 19:17 (UTC)

über RAG

[editar a fonte]

Sei que ían cambiar algún aspecto dese tema de homónimos, pero non nada en concreto xq non é o meu feminario e non contaba con que o fixesen xa (esas cousas lévanlles tempo). Amais, agora estou de baixa por fraktur de obojczyk e levo unhas semanas disconnected. ※ Sobreira ►〓 parlez 17 de novembro de 2016 ás 10:15 (UTC)[responder]

Base de datos sobre catalanofobia

[editar a fonte]

- Hola, sólo indicar que la Base de datos sobre catalanofobia mezcla catalán y castellano, puesto que el texto narrativo está en catalán, pero la mayoría de referencias (artículos originales en las hemerotecas) están en castellano.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.184.212.66 (conversacontribucións) 17 de novembro de 2016 ás 16:40‎

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]

Lémbrome dun día...

[editar a fonte]

... no que me dixeches que se algunha vez precisaba axuda para atopar algunha referencia para algún candidato a artigo de calidade que ti me axudabas. Resulta que hai unhas ligazóns mortas no artigo dos Calgary Flames (deben ser tres ou catro), poderías mirar se ti encontras o xeito de recuperalas? Eu só sei un xeito de facelo e non funcionou con esas. Seguramente non cambie nada na votación, pero secadra dentro duns meses ou anos anímome a propoñelo outra vez, e así polo menos xa está feito. Por outra banda, e seguindo co hóckey sobre xeo, non sei que pasa no artigo dos Boston Bruins, na sección do "cadro actual" puxen o modelo, pero en lugar de aparecer o cadro cos xogadores aparecen as notas, mentres que o cadro de xogadores aparece na sección seguinte ("capitáns do equipo")... seguramente sexa unha tontería, pero non sei como pode solucionarse. Graciñas! Piquito (conversa) 18 de novembro de 2016 ás 22:46 (UTC)[responder]

*Tañer e *maullar

[editar a fonte]

Supoño que o querías buscar é tanguer (ou tanxer) as campás e miañar o gato, non si? Saúde! --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2016 ás 10:43 (UTC)[responder]

Non corncordo

[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Vin a polémica creada na votación para artigo de calidade do artigo música para piano de Gabriel Fauré. Non vou entrar no debate na votación porque nin creo que sexa o lugar para tratar eses temas, nin quero inmiscuirme neses asuntos, que ao final non son prioritarios para min. Con todo, creo que debo expresarte a miña disconformidade co teu proceder ao respecto da validez ou non dun hipotético voto de Viascos na votación (no sentido que sexa), explícome:

  1. A política non fai referencia en ningún caso a que o número de edicións teña que ser antes de que se inicie a votación, polo que aínda que Viascos chegara ao número mínimo de edicións necesarias para ter dereito a voto o mesmo día do peche da votación o seu voto debería ser válido. Un exemplo: se mañán hai eleccións, eu teño 17 anos e mañán (o día das eleccións) é o meu aniversario, teño dereito a voto, independentemente de cando sexan convocadas ou cando comece a campaña electoral.
  2. Creo que a modificación da política debe estar consensuada pola comunidade e non podes mudala unilateralmente, por moi razoable que che pareza o cambio. Por exemplo, se o parlamento aproba unha lei e logo o goberno decide facer algunha modificación da mesma ten que ser sometida a votación, por moi lóxica que sexa dita reforma.
  3. Creo que a túa decisión está, en certo modo, condicionada polo incidente que tiveches recentemente con HdH. Podo entender que queiras normalizar a relación con el, que te sintas incómodo pola situación, pero creo que non é o camiño, e creo que non é positivo que se tomen decisións nesas circunstancias. Tamén pode ser que me engañe, obviamente.

É evidente que a política sobre quen pode votar ou non ten aspectos mellorables, pero o texto que había antes da túa modificación é o que votou a comunidade, e non podemos supoñer que a comunidade votou favorablemente a política presupoñendo que o requisito das edicións debía cumprirse antes do inicio da mesma, porque en ningún caso é o que indica dita política. O certo é que o texto que aprobou a comunidade simplemente di que hai que ter unha determinada antigüidade antes do inicio da votación, e que para votar tes te ter un número "X" de contribucións, independentemente de que estas sexan anteriores ou no tempo que dura a votación... podemos darlle todas as voltas que queiras, pero é o que di a política. E se @s usuari@s que votaron a política concordaban en que un usuario que chega ao mínimo de edicións o día antes de pechar a votación pode votar? Agora non concordarían coa política...

Ás veces hai vacíos legais, este é un caso claro, unha política que non contemplou un suposto e agora dá un problema. Creo que Viascos non é culpable dese problema e debería ter dereito a voto se chega ao mínimo de edicións antes do peche. E penso tamén que debería someterse a votación a modificación da política especificando que o número mínimo de edicións debe ser alcanzado antes do inicio da votación, e que a comunidade decida. É por este tipo de cousas polo que estou en contra de presentar a votación unha política cada semana, porque ao final non se len as políticas polo miúdo e quedan supostos sen contemplar que logo dan este tipo de problemas, creo que hai que adicarlles tempo e procurar posibles supostos que non cubra, por iso tampouco entendo que nun par de días ou tres haxa políticas cunha pila de votos, pero esa é outra historia.

Espero non me tomes a mal o comentario, sabes que valoro o teu traballo e creo que fas un labor moi importante de pacificador, pero creo que neste caso non actuaches do xeito axeitado. Escríboche aquí porque creo que debe quedar constancia da miña disconformidade na Galipedia. Unha aperta! Piquito (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 22:07 (UTC)[responder]

Elisardojm, pode que a idea da política non fora a de que un usuario sen un número determinado de edicións antes do inicio da votación puidera votar, pero a realidade é que o texto votado e aprobado non di iso, o que diga un punto dunha enumeración non afecta ao punto anterior a non ser que o cite explicitamente. Que Toliño non redactou correctamente a política de acordo coa súa idea... son cousas que pasan, todos nos engañamos. A realidade é que o texto aprobado di unha cousa e creo que a modificación que fixeches é o suficientemente importante como para sometela a votación, aplicando a política tal cal está redactada (antes da túa modificación) o seu voto sería válido. Do que fala HdH son simples interpretacións da política, pero non podemos lexislar nada por interpretacións, porque ao cabo o que son é iso, interpretacións. Non podemos aplicar as políticas polas interpretacións que fagamos, porque dependendo de quen peche a votación o voto de Viascos sería válido ou non (e nese caso quen ten a razón? quen aplica a política como está redactada ou quen fai a interpretación?), por iso as políticas deben ser claras, esta ten un vacío, é o que hai, haberá que solucionalo, pero o que di é o que di, e o resto son interpretacións (fulano quería facer tal ou cal... si? en serio? e por que non o puxo? se non o puxo, realmente quería facelo?) Creo que me explico.
O que a min realmente me molesta é que ao final, en lugar de falar dun gran artigo como ese fálase de cousas que nada teñen que ver, molesta que se utilice unha conversa que eu manteño con outro usuario para polemizar nunha votación a un artigo de calidade, desviando a atención do realmente importante, o artigo. E molesta que os que me acusan a min de xogar co sistema oculten deliberadamente información para apoiar o seu punto de vista, dicindo que foi unha modificación estética, cando foi unha modificación profunda da política na que se incluíron máis cousas, e que foi o resultado dun proceso de votación.
Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 01:01 (UTC)[responder]

21 de novembro de 2016 ás 15:33 (UTC)

Merci wikeaup. ※ Sobreira ►〓 parlez 23 de novembro de 2016 ás 22:38 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)[responder]

Canteiría

[editar a fonte]

Desfixen esa edición por erro, foi unha serie de páxinas nas que cometín ese erro por confundilo cun cambio -ería/-aría, pensei que xa desfixera todos os meus fallos pero quedou esa.--HacheDous=0 (conversa) 25 de novembro de 2016 ás 09:14 (UTC)[responder]

The Signpost: 26 November 2016

[editar a fonte]
News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 26 de novembro de 2016 ás 09:10 (UTC)

Boas tardes

[editar a fonte]

Foi bo el artigo, mais se pode editar de novo, só que non recordo o progreso anterior (o que foi escrito antes). Graziñas por dar avizo.--Marrovi (conversa) 26 de novembro de 2016 ás 22:34 (UTC)[responder]

é verdade, o castelán es miña lingua materna, más o galego foi a lingua do meu bisavó e gostaría de saber máis da sua lingua, prefiro tratar de escribir en galego.--Marrovi (conversa) 27 de novembro de 2016 ás 19:21 (UTC)[responder]

Paréceme moi ben que queiras dicir non escribas aquí, peréceme un xeito moi educado de botarme, pero non soy novo falando galego, antigamente participei a un curso de dois meses no centro galego de México no ano 2004, mas agora estoy lonxe do centro galego e non gosto de que agora pareceme club social de élite e xa non pareceme un centro cultural como antes. Tamén morei no sul da Alemaña en 2007 e conviviu con persoas galegas en Múnich e en Zurich, Suiza, mentres facía miña estadía da universidade. Eu non soy un soñador da inmigración dos antepasados, viaxei a Galiza cando era eu un rapaz co meus pais e tamén viaxei dúas veces en anos recentes (2007 e 2014); pero eu estou de acordo co vostede, o proxecto precisa calidade na Galipedia, o que fala dun compromiso de todos os editores, gosto da súa actitude, mas non é correcto facer pretextos para afastar á xente, estes non son os principios dunha enciclopedia libre e tampoco a Galipedia es un club. Saúdos e grazas por falar francamente. --Marrovi (conversa) 28 de novembro de 2016 ás 02:31 (UTC)[responder]

É verdade, ten toda razón, esto es como na universidade, non es o mesmo falar castelán que escribir castelán, o requerimentos de escribir ben es preciso para facer artigos, proxectos e tesis. Ademáis, un traductor automático no pode traducir termos propios de una comunidade como Galiza, rapaz, norde, etc. pero es cierto, aínda hai uhna gran influencia castelana e precisa de corrección. Saúdos, grazas pola páxina de galego.--Marrovi (conversa) 28 de novembro de 2016 ás 12:50 (UTC)[responder]

28 de novembro de 2016 ás 21:16 (UTC)

As Fragas do Eume son/é un parque natural blablablá... Calquera das dúas opcións é válida. Supoño que o acaído sería respectar a opción escollida polo primeiro redactor. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 29 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]

5 de decembro de 2016 ás 18:07 (UTC)

Un pouco máis difícil

[editar a fonte]

Espero saír coa bici xoves... tiña pensado ir por outro sitio, mais supoño que irei por aí. saúdos,--Agremon(contacto) 6 de decembro de 2016 ás 22:44 (UTC)[responder]

Coido que te equivocaches. A de Vilamartín pequeno (a primeira, hai máis) xa a cargue e liguei, pero a de Cabarcos xa estaba. Fixéraa eu o ano pasado. :-) --Agremon(contacto) 8 de decembro de 2016 ás 17:53 (UTC)[responder]

Non, remato de decatarme do meu erro: Era san Xusto, non san Xulián. Menos mal que saquei unha foto de vista xeral na que entra. Cárgoa despois.--Agremon(contacto) 8 de decembro de 2016 ás 18:03 (UTC)[responder]

Hoxe voltei sair, e xa teño varias de san Xusto, da Lu-133 e máis. Aínda non puiden cargalas, nin varias do outro día... Es insaciable! :-) a miña autonomía ciclista dame para facerme coas de Trabada, Vilanova e parte de A Pontenova e Mondoñedo. E antes de coller o coche, consultarei a lista de Categoría:Lugo parroquias sen imaxes. Non fai falta xeoposicionamento, polo menos pola zona. O uso de openstreetmap resísteseme para insertar mapas na galipedia (creo que se pode facer ben), pero vou acumulando cousas para a xubilación... --Agremon(contacto) 10 de decembro de 2016 ás 21:32 (UTC) // Estamos ben... non se me da posto a ligazón a "Categoría:Lugo parroquias sen imaxes"--Agremon(contacto) 10 de decembro de 2016 ás 21:37 (UTC)[responder]

Xa agradecín a Usuario:HombreDHojalata os ':' ...--Agremon(contacto) 11 de decembro de 2016 ás 10:08 (UTC)[responder]

... Tendo conta que a próxima fin de semana aínda é dentro de unha semana... e que a máis lonxe, menos autonomía para recorrer lugares... :-)--Agremon(contacto) 12 de decembro de 2016 ás 09:08 (UTC)[responder]

Nadal 2016: hoxe foteei as dúas parroquias de Trabada máis alonxadas. Barreiros e Lourenzá, listas. Pouco a pouco. Lamento ter chegado tan tarde á discusión dos nomes dos recén nomeados elementos químicos...--Agremon(contacto) 24 de decembro de 2016 ás 17:36 (UTC)[responder]

Desaugue

[editar a fonte]

Non teño claro como substituír "desaugue". En https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Erros_de_ortograf%C3%ADa_e_desviaci%C3%B3ns temos que como substantivo o correcto é "desaugadoiro". Ao tentar levalo á práctica, hai moita complexidade. No bUSCatermos rexistran termos que non conteñen "desaugadoiro": "arco de desaugamento", "auga de desaugamento", "auga de escoamento", "canal de recollida", "canle de escoamento" e "comporta de desaugamento".Unhanova (conversa) 9 de decembro de 2016 ás 10:03 (UTC)[responder]

Re: Borrar fotos

[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Grazas polo aviso. Xa sei como funciona Commons, non lle vexo ningunha modernez, sempre foi así. Síntoo, pero neste momento o tempo do que dispoño prefiro dedicalo integramente a editar aquí, non teño inconveniente que sexa outro colaborador, se quere, que avise alí. Un cordial saúdo. --Prevertgl 9 de decembro de 2016 ás 17:46 (UTC)[responder]

É unha mágoa que te incomoden as miñas edicións. Paréceme desafortunado o uso que fas das palabras "máis correcto", pero en ningún caso quero incomodarte, amolarte ou contradicirte a ti nin a ninguén, simplemente nos coincidimos na valoración das vantaxes que ten facelo dun xeito ou doutro neste preciso momento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10 de decembro de 2016 ás 14:32 (UTC)[responder]
Morra o conto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10 de decembro de 2016 ás 15:42 (UTC)[responder]

Villaviciosa de al lado

[editar a fonte]

Boas, agradézoche todos os teus amaños no artigo Villaviciosa de al lado e o teu consello na miña páxina de conversa. De seguro pasei por alto algún dos erros que encontraches, mais eu sempre os comprobo despois de redactar (ou traducir, neste caso) un artigo, xa que me parece de vital importancia. Ao revisalo tan por riba non me din de conta dese tipo de despistes e ó ler o artigo non me parei neles. Moitas grazas pola túa mensaxe e polo teu consello, que terei moi en conta en sucesivos artigos. Un saúdo e bo día. RubenWGA (conversa) 10 de decembro de 2016 ás 13:17 (UTC)[responder]

Boas de novo, quero volver a agradecerche o teu traballo e darche as gracias por engardirme no Modelo: Mapa de galipedistas, unha moi boa achega pola túa parte. Un saúdo e bo día. RubenWGA (conversa) 17 de decembro de 2016 ás 13:22 (UTC)[responder]

12 de decembro de 2016 ás 19:29 (UTC)

Para corrixir erros

[editar a fonte]

Que interesante o AutoWikiBrowser. Eu non o podo usar de momento. Cando poida, é o seu.Unhanova (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 09:58 (UTC)[responder]

Nome de ficheiro

[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Se tes ocasión, poderías corrixir o nome do ficheiro Ficheiro:Vista Orense dende A Peroxa.jpg? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de decembro de 2016 ás 21:11 (UTC)[responder]

Unha corrección moi rápida, grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16 de decembro de 2016 ás 21:26 (UTC)[responder]

biblioteca

[editar a fonte]

Ola, Elisardo! Moitas grazas por pasar o excel a táboa wiki. O caso é que xa me dá bastante preguiza actualizar o excel na casa, como para duplicar esforzos. Non sei ata que punto ha quedar desfasado en breve. Movín Elisardo/Biblioteca_de_Estevo a Usuario:Estevoaei/Biblioteca, pero edita sen medo! Aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de decembro de 2016 ás 13:57 (UTC)[responder]

19 de decembro de 2016 ás 20:33 (UTC)

Baños de Molgas

[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Desculpa a molestia, pero estas imaxes Ficheiro:Lugar San Román, Baños de Molgas, Ourense 01.jpg, Ficheiro:Lugar San Román, Baños de Molgas, Ourense 02.jpg, Ficheiro:Lugar San Román, Baños de Molgas, Ourense 03.jpg non serán de San Román, Sobradelo, Xunqueira de Ambía? Un cordial saúdo. --Prevertgl 20 de decembro de 2016 ás 18:19 (UTC)[responder]

Cando poidas. Outro choio, tamén se podes, mover a Ribeira con b: Ficheiro:Igrexa San Pedro de Riveira, Baños de Molgas, Ourense 01.JPG, Ficheiro:Igrexa San Pedro de Riveira, Baños de Molgas, Ourense 02.JPG, Ficheiro:Centro Social AAVV San Pedro de Riveira, Baños de Molgas, Ourense 03.JPG. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de decembro de 2016 ás 17:40 (UTC)[responder]
Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2016 ás 21:58 (UTC)[responder]
Grazas HombreDHojalata, neste caso o erro veu porque na casa dos veciños o tiñan así :) Vou ver se dou revisado agora as fotos de San Román. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de decembro de 2016 ás 00:26 (UTC)[responder]
Grazas. Moitas fotos fixeches, a ese ritmo axiña haberá fotos para todas as parroquias de Galicia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de decembro de 2016 ás 15:26 (UTC)[responder]

De novo problemas co mesmo

[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Desculpa por ser tan pesado, pero non sei por que teño problemas unha vez máis cos formatos das referencias, desta volta no artigo da gran viaxe da familia Mozart... non sei que é o que pasa, xa que fixen o mesmo que no artigo Mozart en Italia, pero neste último funciona e no da viaxe non. Se tes un momentiño para miralo agradeceríacho. Apertas!! Piquito (conversa) 21 de decembro de 2016 ás 00:35 (UTC)[responder]

The Signpost: 22 December 2016

[editar a fonte]

Re: Máis sobre outras fontes

[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Teño un pouco esquecido o dos nomes comúns de animais. Tería que investigalo e non teño moito tempo para facelo. Só podo facer algunhas consideracións xerais aquí mesmo. Noutra época tiña unha lista de fontes, e sempre podiamos contar coa axuda e coñecementos de compañeiros como Lameiro, Sobreira, Xabier Cid, e outros moitos. Tamén hai que ter en conta que o número de artigos sobre o tema aumentou considerablemente e iso crea dificultades nalgúns casos concretos, mesmo hai que debatir os nomes dos artigos de un en un. O principal para min neste momento é que a calidade das fontes nos permita evitar incluír e propagar información errónea. Naturalmente, na práctica hai unha xerarquía de fontes, e hai que avaliar en cada caso a relación entre o beneficio que supón dispor dunha nova fonte e o rigor da mesma. Aínda que a fonte máis fiable pode fallar nalgún momento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de decembro de 2016 ás 16:33 (UTC)[responder]

Petróglifo de Bouza Abadín

[editar a fonte]

É certo @Elisardojm: consultei tamén o mapa topográfico nacional. Os dous montes están moi próximos un ó outro. O monte carboeiro é máis alto. E o Padronelo tal vez un outeiro nas faldras do monte Carboeiro. --Dodro (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 17:56 (UTC)[responder]

Si. Non etá de máis indicalo, para non xerar máis discrepancias. --Dodro (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 18:40 (UTC)[responder]