Conversa usuario:Vitoria
Benvido(a) á Galipedia, Vitoria!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 16:46, 8 decembro 2007 (UTC)
Evolución humana
[editar a fonte]Parabéns polo traballo que estás a facer sobre a evolución humana. Permitinme engadir un cadro no que aparecen as especies máis representativas para facilitar así a navegación e saber que artigos aínda están sen facer. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 19:11, 23 decembro 2007 (UTC)
Homo
[editar a fonte]Ola! Estaba lendo o artigo Homo, e asaltoume unha dúbida: pode estar trabucada a orde do homo rudolfensis co homo habilis na sección especies? é que lendo noutras wikipedias dáme a entender iso (fr, en). Como vexo que entendes moito do tema pregúntocho a ti. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:04, 28 xullo 2008 (UTC)