Cora Velasco
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1991 (33 anos) Pontevedra, España |
Educación | IES Sánchez Cantón |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz |
Cora Velasco Pedrosa, tamén coñecida como Cora Sayers,[1] nada en Pontevedra o 12 de xuño de 1991, é unha actriz e cantante galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no IES Sánchez Cantón e arte dramática en Madrid..
Comezou participando en bandas de diferentes estilos como 1000 Demonios Blues Band, Querido Extraño ou Late Kicks nos que achegou a súa voz. Botou máis de cinco anos traballando e estudando en Madrid: interpretación no Estudio para el Actor de Juan Carlos Corazza, así como con outros profesionais como Consuelo Trujillo, Alfonso Lara, Eva Lesmes e David Luque. Volveu a Galicia e comezou a súa carreira musical.[2] Ademais formouse en canto e voz con Estela Franti e Cristina Mora así como en danza clásica durante 13 anos, acadando ata o terceiro título de ballet por ACADE. Desde 2016 traballou coa compañía de teatro infantil de Pontevedra "Baobab".
Na música comezou usando o nome de Cora Sayers.[3] Con Sortilegios xa asina como Cora Velasco cancións propias en castelán.
Ten realizado multitude de concertos en Galicia e tamén por España e Europa.[4] Tamén participou como actriz nalgunhas curtametraxes e obras de teatro.[5]
Traballos
[editar | editar a fonte]Cora Sayers
[editar | editar a fonte]- Origen (2014) -EP- Temas: Charlie, Red shoes, Cebada y cigarrillo, Daily war, Distorsion. Mestura de folk, rock alternativo, pop e blues.[6]
- I´m Home (2016) -LP-. Gravado nos Estudios Montealto da Coruña xunto a Fernando Mejuto e Hugo González. Temas: Garaje Café, Sophie´s Fear, Charlie, He Rules in Purple, Daily War, Red Shoes, No Multitude, Drupe´s Birth, The Apartement, Stone.
Cora Velasco
[editar | editar a fonte]- Sortilegios (2018). Temas: La Delicadeza, Mis Cadáveres, Se Extiende Mi Brazo, La Circunstacia, La Fiebre del Oro, Arponera, Algo Provisional.[7]
- Ojos nuevos (2021) -Sinxelo-. Fala do seu amor por Galicia. Foi escollida como canción do spot Descubre o teu Camiño de Turismo de Galicia do Camiño Xacobeo.[8]
Actriz
[editar | editar a fonte]Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Madrid, Drawings... And Foreign Girls (2014).[9] Proposta para mellor actriz secundaria no New Jersey Film Awards.
- Constelación urbana (2015).
Teatro
[editar | editar a fonte]- 2014: Protagonista da obra de microteatro HisPánico EsZénico. Premio mellor actriz no 1º Festival de Microteatro da sala Héroe.
- 2014: Por amor al arte. Título provisional. Dirigida polo profesor do Estudio Corazza, Albert López Murtra.
- 2016: O lobo e a lúa de Baobab Teatro (premio Barriga Verde de Teatro 2014).
- 2020: Mai Mai de Baobab Teatro.
- 2021: Ás para Álex de Baobab Teatro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-08-16.
- ↑ "Biografía de Cora Sayers". Last.fm (en castelán). Consultado o 2021-08-15.
- ↑ "Cora Sayers' Community". Cora Sayers. Consultado o 2021-08-15.
- ↑ García, Laura (2021-08-15). "Cora Velasco deslumbra en la Boa Vila". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-08-15.
- ↑ "Cora Velasco" (PDF). aaag.gal.
- ↑ "Cora Sayers: inmensa". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-08-15.
- ↑ "Cora Velasco presentará novos temas dentro da xira 'Sortilegios' este sábado 14 na Sala Karma". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-08-15.
- ↑ "Cora Velasco ponlle a BSO ao novo spot de Turismo de Galicia". Descúbreas. 2021-05-24. Consultado o 2021-08-16.
- ↑ "Cora Velasco". IMDb. Consultado o 2021-08-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Versión de Grândola Vila Morena con Eladio Santos (2022)
- Cora Velasco na páxina web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.