Cosmo Duff Gordon
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1862 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Morte | 20 de abril de 1931 ![]() Kensington, Reino Unido ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Brookwood ![]() |
Educación | Eton College ![]() |
Altura | 183 cm ![]() |
Peso | 80 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario ![]() |
Deporte | esgrima ![]() |
Participou en | |
1906 | Xogos Olímpicos de 1906 ![]() |
Outro | |
Título | Baronet ![]() |
Cónxuxe | Lucy Christina Duff Gordon (1900–1931), morte da persoa ![]() |
Pais | Cosmo Lewis Duff Gordon ![]() ![]() |
Parentes | Esme Wallace, fillastra ![]() |
Cronoloxía | |
14 de abril de 1912-15 de abril de 1912 | afundimento do RMS Titanic |
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912 | viaxe de inauguración do RMS Titanic |
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912 | viaxe de inauguración do RMS Titanic ![]() |
![]() |
Cosmo Edmund Duff Gordon, nado o 22 de xullo de 1862 e finado o 20 de abril de 1931, foi un aristócrata, terratenente e tirador de esgrima escocés, gañador dunha medalla olímpica pero sobre todo coñecido pola controversia sobre a súa conduta durante o afundimento do RMS Titanic.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Cosmo Lewis Duff Gordon e de Anna Maria Antrobus[1]. Cosmo recibiu unha educación exclusiva en Eton, onde comezou a practicar a esgrima. En 1896, sucedeu a Maurice Duff Gordon como quinto baronnet de Halkin coas súas propiedades en Maryculter[2], o título fora concedido polo rei a un antepasado seu, James Duff, cónsul británico en Cádiz en 1813 en recoñecemento á axuda dada á Coroa durante a Guerra da Independencia española, onde a familia posuía desde 1772 unha adega de Xerez, que aínda existe a Duff Gordon Winery.
En 1900, Duff Gordon casou con Lucy Christiana Sutherland, de dubidosa reputación segundo os canons da época, era nai divorciada e a súa irmá Elinor Glyn era autora de novelas románticas que rebordaban erotismo [3][4]. Lucy era deseñadora de moda de éxito e ao casar Cosmo converteuse en director da súa casa de modas, « La Maison de Lucile » localizada en Londres.
En 1906, Duff Gordon formou parte do equipo de esgrima do Reino Unido nos Xogos Intercalados gañando unha medalla de prata na competición por equipos en espada[5]. En 1908 formou parte do comité de esgrima dos Xogos Olímpicos de Londres[6].
O Titanic
[editar | editar a fonte]En abril 1912, a parella decide viaxar aos Estados Unidos facendo a travesía a bordo do Titanic, baixo o nome de Mr e Mrs Morgan, non se sabe a razón da non utilización dos seus nomes reais, pero podería ser problemas que Lucy tivera noutras ocasións coa alfándega americana [7]. Duff Gordon e a súa dona embarcaron acompañados pola secretaria dela no serán do 10 de abril de 1912 en Cherbourg tras primeiro coller o transbordador Nomadic para chegaren ao navío[8]. Cosmo ocupou a cabina A-16 e a súa dona a A-20[2]. O 14 de abril o Titanic colide cun iceberg comezando a afundir. A parella e a súa secretaria atópanse xunta os botes, no lado de babor, onde a tripulación estaba traballaba para abaixalos. Por invitación do primeiro oficial Murdoch, os tres embarcaron no bote salvavidas nº1 con dous americanos e sete fogueiros, e aínda que tiña unha capacidade para 40 persoas [9][10]. Tras ser rescatados parte para Nova York no Carpathia cos outros superviventes. Non obstante, a prensa anuncia a súa morte o 16 de abril[11], antes de retractarse da errónea nova[12].
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Despois do naufraxio, Cosmo Duff Gordon testemuñou na comisión británica encargada de realizar a enquisa sobre o accidente dirixida por Lord Mersey, sobre as condicións do seu salvamento. A enquisa concluíu que non había nada que lle reprochar[13] Aínda así constatou tamén que se o bote fora cara á xente que estaba na auga no canto de afastarse, podería facilmente ser capaz de rescatar algunhas delas.[14]. Duff Gordon viu a súa reputación en interdito polo asunto, retirándose practicamente da vida pública, vivindo entre as súas posesións de Escocia e o O Cairo[15].
Polémica
[editar | editar a fonte]
O xeito no que se salvou Duff Gordon creou polémica. O seu bote unha vez no mar con só doce viaxeiros, non procurou superviventes no lugar do naufraxio a pesar do oficial Murdoch ordenara ao seu responsable, George Symons, axudar a outros pasaxeiros[16]. De feito, durante a comisión de enquisa británica, un dos enquisadores tratou abertamente de covarde a Symons, o que levou ao presidente Lord Mersey a chamar á orde ao inquisidor, declarando : « Deixe tranquilo ese pobre home [17] ! » A bordo do bote, Hendrickson pediu axudar os viaxeiros que estaban nas xélidas augas, mais Lady Duff Gordon suxeriu que os superviventes poderían amorearse arredor do bote e afundilo, co que concordaron o resto dos navegantes[2].
No decurso da noite, Duff Gordon fai amizade cos seus compañeiros de infortunio, en especial cos sete fogueiros, ofrecéndolles tabaco[16] e conversando con eles. Lady Duff Gordon díxolle á súa secretaria, Mabel Francatelli : « Perdeuse o voso precioso camisón » ao ver arder o Titanic[18]. A conversa dirixiuse finalmente ao feito que os membros da tripulación perderan todo, xa que a White Star deixaba sen efecto os seus salarios a medianoite do 15 de abril, como era a norma en caso de accidente[19]. Para compensar esas perdas, Duff Gordon decidiu darlle a cada un cinco libras (o salario mensual dun fogueiro era de 6£), o que algúns medios viron como unha tentativa de suborno aos fogueiros para que non volveran ao lugar do naufraxio[20].
Unha vez a bordo do Carpathia, Duff Gordon e a súa dona fixéronse fotografar cos sete fogueiros rescatados con eles, o que contribuíu a aumentar as sospeitas sobre o seu salvamento[21].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés) The Genealogy of the Duff Family Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Consulté le 10 janvier 2010
- ↑ 2,0 2,1 2,2 (en inglés) Sir Cosmo Edmund Duff Gordon, Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010
- ↑ (en inglés) Lucy Christiana, Lady Duff Gordon (Mrs Morgan) (née Sutherland), Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010
- ↑ (en inglés) Finding Aid for the Elinor Glyn Papers, undated Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine., University of North Carolina. Consulté le 10 janvier 2010
- ↑ (en inglés) The Olympian Games, The Times sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010
- ↑ (en francés) Les sportifs à bord du Titanic, Le Site du « Titanic ». Consulté le 10 janvier 2010
- ↑ Hugh Brewster e Laurie Coulter 1999, p. 25
- ↑ Mark Chirnside 2004, p. 141
- ↑ Gérard Piouffre 2009, p. 175
- ↑ Composition du canot n°1, Le Site du « Titanic ». Consulté le 11 janvier 2010
- ↑ (en inglés) Profound Grief Felt over Paris - Lady Duff Gordon and her Husband Probably Among the Dead, Associated Press sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 11 janvier 2010
- ↑ (en inglés) The Duff Gordons, New York Times sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 11 janvier 2010
- ↑ Hugh Brewster et Laurie Coulter 1999, p. 76
- ↑ British Wreck Commissioner's Enquiry: Report. "Account of the Saving and Rescue of those who Survived: Conduct of Sir Cosmo Duff Gordon and Mr Ismay". Accessed on 8/23/12 en: http://www.titanicinquiry.org/BOTInq/BOTReport/BOTRepConduct.php Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Philippe Masson 1998, p. 185
- ↑ 16,0 16,1 Mark Chirnside 2004, p. 171
- ↑ Mark Chirnside 2004, p. 205 - 206
- ↑ (en inglés) Letter clears 'blackguard of the « Titanic »' , The Telegraph. Consulté le 12 janvier 2010
- ↑ Mark Chirnside 2004, p. 206
- ↑ Gérard Piouffre 2009, p. 177
- ↑ Simon Adams 1999, p. 37
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Simon Adams (1999). Gallimard, ed. La Tragédie du « Titanic » (en francés). pp. 59. ISBN 2070527549.
- Hugh Brewster et Laurie Coulter (1999). Glénat, ed. Tout ce que vous avez toujours voulu savoir sur le « Titanic » (en francés). p. 96. ISBN 2723428826.
- Mark Chirnside (2004). Tempus, ed. The Olympic-class ships : « Olympic », « Titanic », « Britannic » (en inglés). p. 349. ISBN 0-7524-2868-3.
- Philippe Masson (1998). Tallendier, ed. Le Drame du « Titanic » (en francés). pp. 264. ISBN 223502176X.
- Gérard Piouffre (2009). Larousse, ed. Le « Titanic » ne répond plus (en francés). pp. 317. ISBN 9782035841964.