Saltar ao contido

Música country

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Country»)
Johnny Cash.

A música country é un estilo popular no sur dos Estados Unidos orixinado na música dos apalaches e nas cancións vaqueiras. Os seus antecedentes son as danzas europeas e as tradicións celtas (sobre todo escocesas). Na orixe era moi simple e interpretada por poucos instrumentos: guitarra, banjo e violín principalmente, as súas letras falaban da dura vida no campo, tristeza e amores imposíbeis. As primeiras figuras do xénero foron a familia Carter e Jimmie Rodgers, o chamado pai do Country, aínda que a personalidade máis importante sexa Hank Williams. Nos cincuenta a música antano de pobres sofisticouse e encheuse de arranxos, cun estilo centrado en Nashville, fogar do Nashville Sound e do máis importante programa de radio do Sur, o Grand Ole Opry. Como reacción a estas producións comerciais houbo unha volta ás orixes acústicas no Bluegrass e un endurecemento co Honky Tonk.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.