Marco Licinio Craso
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Marcus Licinius Crassus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 115 a. C. ![]() Roma Antiga ![]() |
Morte | 8 de xuño de 53 a. C. ![]() Harran (Partos) ![]() |
Causa da morte | morto en combate ![]() |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
![]() | |
70 a. C. – 70 a. C. Xunto con: Cneo Pompeio Magno | |
Gobernador romano | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga, oficial do exército ![]() |
Período de tempo | República Romana Tardía ![]() |
Partido político | optimates ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | batalla de Cantenna batalla de Carras ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Tértula ![]() |
Fillos | Publio Licinio Craso, Marco Licinio Craso ![]() |
Pais | Publio Licinio Craso ![]() ![]() |
Irmáns | Publius Licinius Crassus ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Enciclopedia militar Sytin Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Marco Licinio Craso, en latín Marcus Licinius Crassus, (112 a.C. 53 a.C.) foi, na súa época, un dos homes máis ricos de Roma e recibiu por iso o cognome de Dives. Foi cónsul por dúas veces, no 70 e no 55 a.C., ambas xunto a Pompeio. Aínda así, a súa influencia no mundo político era limitada polo feito de ser un home ligado ao mundo dos negocios, o que non era considerado propio para un senador. Así, Craso aliouse ao patricio mozo Xulio César como o seu provedor de fondos. Chega finalmente ao poder formando, con César e Pompeio, o Primeiro triunvirato. Craso morreu nunha batalla no comando dunha expedición contra os partos que acabou nun desastre completo, principalmente debido a falta de preparación da mesma expedición. Este fallo valeulle ser recordado na expresión popular erro craso, que invoca a súa tráxica morte.
Craso tiña imnumerables negocios e propiedades, pero unha das súas formas máis peculiares de gañar diñeiro era a súa brigada anti-incendio. Os incendios eran relativamente comúns en Roma. Cando unha casa prendía lume, a brigada de Craso chegaba cun carro con auga, extinguía o lume e logo revindicaba o cobro dos seus servizos. A casa pasaba a pertencer a Craso e o antigo habitante tiña que pagar alugueiro.
Craso foi tamén comandante das forzas que extinguiron a rebelión de escravos liderada por Espártaco, o que lle proporcionou popularidade e poder.