Saltar ao contido

Criatura das Antas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Good article Modelo:Use British English Modelo:Use dmy dates

"Grettir feels Kárr's grip": the undead Kárr, a barrow-dweller or haugbúi, attacks the visitor to his barrow. 1902 illustration by Henry Justice Ford

As Criaturas das Antas son seres semellantes a espectros no mundo da Terra Media de J. R. R. Tolkien. N’O Señor dos Aneis, os catro hobbits son apreixados por unha Criatura das Antas, e conseguen escapar con vida de milagre; como contrapartida polo transo, fanse cunhas espadas moi antigas forxadas no Lado Oeste.

Tolkien tirou a idea das Criaturas das Antas da mitoloxía nórdica, na que heroes de varias sagas combaten mortos viventes denominados draugrs. Os académicos tamén poñen de relevo unha analoxía entre a disolución do meigalllo da Criatura das Antas e a derradeira batalla de Beowulf, onde se entra no túmulo do dragón e se desfai o feitizo que encantaba o tesouro. As Criaturas das Antas non aparecen na triloxía cinematográfica de Peter Jackson, pero si en videoxogos ambientados na Terra Media de Tolkien.

In the Grettis saga, Grettir (pictured) fights Kárr, an undead who guards his own barrow.[1] 17th-century Icelandic manuscript

Unha anta é un túmulo coma os que se empregaban no Neolítico.[2]

O substantivo orixinal en inglés para as Criaturas, wight, do inglés antigo wiht, fai referencia a unha persoa ou outro ser sentinte.[3][4]

Na mitoloxía nórdica existen historias de vættir ou draugr, espíritos con corpo tanxíbel vencellados ás tumbas.[5][6][7][8] En Noruega, a poboación de zonas rurais como Eidanger cría que os mortos seguían a vivir nas súas tumbas como vetter ou espíritos protectores, e a tradición de ofrecer sacrificios nos túmulos perdurou até a era moderna.[9]

Na súa obra "Nomenclature of The Lord of the Rings", Tolkien explica que "Criatura das Antas” ("barrow-wight" no orixinal inglés) era un "nome inventado", á diferenza doutros que existiran en inglés antigo, como"orco".[T 1][5] Nunha charla sobre Beowulf explicou así mesmo o significado dos orcneas ("cadáveres infernais"), os monstros malignos nacidos de Cain e que desembocaron no monstro Grendel:[T 2]

esa feroz imaxinación nórdica na que me adentrei para acuñar o nome de 'Criaturas das Antas. Os 'mortos viventes'. Esas arrepiantes criaturas que habitan tumbas e túmulos. Non están vivas: abandonaron a humanidade, pero son 'mortos viventes'. Coa súa forza sobrehumana e a súa malicia, son quen de esganar un home e esnaquizalo. Un célebre exemplo é Glámr na historia de Grettir o forte.[T 2]

Porén, Andrew Lang empregou o termo na súa obra de 1891 Essays in Little, onde escribe "Nas tumbas onde se amasaban tesouros moraban as Criaturas das Antas, pantasmas que exercían de sentinelas do ouro."[5] Eiríkr Magnússon e William Morris tamén o utilizaron na súa tradución de 1869 da Saga de Grettir, que describe unha pelexa contra una "criatura das antas " ou "morador das antas", Kárr:<ref>{{cite web |title=barrow |url=http://www.etymonline.com/index.php?term=barrow |website=Online Etymology Dictionary

No seu camiño estaba todo ciscado, e a criatura das antas atacaba cunha ansia espantosa; Grettir recuou ante ela durante un bo anaco, até que por fin se decatou de que de nada serviría seguir gardando forzas; agora ningún dos dous daba tregua, e chegaron onda os ósos de cabalo, e alí loitaron por moito tempo. Ora un, ora o outro fincaban o xeonllo, mais a pugna rematou co morador das antas caendo de costas cun grande estrépito.[10]

A Saga de Grettir liga ademais a derrota da Criatura das Antas coa recuperación dun antigo tesouro, avistado polo herdeiro da liñaxe á que pertencera outrora:[10]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Callahan 1972
  2. "Barrow". Cambridge Dictionary. Consultado o 9 August 2020. 
  3. Modelo:Cite dictionary
  4. Modelo:Cite dictionary
  5. 5,0 5,1 5,2 Hammond, Wayne G.; Scull, Christina (2005). The Lord of the Rings: A Reader's Companion. HarperCollins. pp. 137, 142–146. ISBN 978-0-00-720907-1. 
  6. Palsson, Hermann (1989). Eyrbyggja saga. Penguin Books. p. 187. ISBN 978-0-14-044530-5. OCLC 26857553. 
  7. Byock, Jesse (2009). Grettir's saga. Oxford University Press. p. 115. ISBN 978-0-19-280152-4. OCLC 246897478. 
  8. Magnússon, Magnús; Palsson, Hermann (1969). Laxdaela Saga. Penguin Books. p. 103. ISBN 978-0-14-044218-2. OCLC 6969727. 
  9. Skjelsvik, Elizabeth (1968). "Eidangers eldste historie: Bronse-alder (1500-500 f.Kr.) [Eidanger's oldest history: Bronze age (1500-500 B.C.)]". En Hals, Harald. Eidanger bygdehistorie (en noruegués). Porsgrunn kommune. section B.1. OCLC 4006470. 
  10. 10,0 10,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Magnússon Morris 1869


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "T", pero non se atopou a etiqueta <references group="T"/> correspondente