Saltar ao contido

G-quadruplex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cuádruplex G»)
Estrutura dun G-quadruplex.
Esquerda: a G-tétrade. Dereita: G-quadruplex intramolecular.[1]

Un G-quadruplex (pronuciado gue cuádruplex) é o nome que reciben unhas estruturas que se poden formar nas secuencias de ADN e de ARN ricas en guanina. Estas estruturas ás veces tamén se denominan G-tétrades, e G4-ADN ou G4-ARN (segundo estean nas respectivas secuencias de ADN ou de ARN).[2]

Son estruturas helicoidais que conteñen tétrades (disposición en cadrado) de guanina que poden formarse a partir de unha,[3] dúas,[4] ou catro febras.[5]

As estruturas están estabilizadas por enlaces por pontes de hidróxeno. Tamén poden ser estabilizadas pola existencia de catións monovalentes (especialmente potasio) no centro das tétrades.[6]

Poden estar formadas por ADN, ARN, LNC e APN, e poden ser intramoleculares, bimoleculares ou tetramoleculares. As formas unimoleculares adoito aparecen cerca dos extremos dos cromosomas (nos chamados telómeros), e nas rexións reguladoras da transcrición de múltiples xenes e oncoxenes.[7]

Dependendo da dirección das cadeas ou partes da cadea que forman as tétrades, as estruturas poden describirse como paralelas ou antiparalelas. As estruturas G-quadruplex poden predicirse computacionalmente a partir de secuencias de ADN o ARN, pero as súas estruturas reais poden variar bastante, variacións que poden chegar a máis de 100 000 por xenoma. As súas actividades en procesos xenéticos básicos son unha área activa de investigación en telómeros, regulación de xenes e investigación xenómica funcional.[8]

  1. Capra, John A.; Paeschke, Katrin; Singh, Mona; Zakian, Virginia A.; Stormo, Gary D. (22 July 2010). "G-Quadruplex DNA Sequences Are Evolutionarily Conserved and Associated with Distinct Genomic Features in Saccharomyces cerevisiae". PLoS Computational Biology 6 (7): e1000861. PMC 2908698. PMID 20676380. doi:10.1371/journal.pcbi.1000861. .
  2. Routh, E. D.; Creacy, S. D.; Beerbower, P. E.; Akman, S. A.; Vaughn, J. P. & Smaldino, P. J. (Marzo de 2017). "A G-quadruplex DNA-affinity Approach for Purification of Enzymaticacvly Active G4 Resolvase1". Journal of Visualized Experiments 121 (121). PMC 5409278. PMID 28362374. doi:10.3791/55496. 
  3. Largy E, Mergny J, Gabelica V (2016). "Chapter 7. Role of Alkali Metal Ions in G-Quadruplex Nucleic Acid Structure and Stability". En Astrid S, Helmut S, Roland KO S. The Alkali Metal Ions: Their Role in Life. Metal Ions in Life Sciences 16. Springer. pp. 203–258. doi:10.1007/978-4-319-21756-7_7. 
  4. Sundquist, W. I.; Klug, A. (Decembro de 1989). "Telomeric DNA dimerizes by formation of guanine tetrads between hairpin loops". Nature 342 (6251): 825–9. Bibcode:1989Natur.342..825S. PMID 2601741. doi:10.1038/342825a0. 
  5. Sen, D. & Gilbert, W. (Xullo de 1988). "Formation of parallel four-stranded complexes by guanine-rich motifs in DNA and its implications for meiosis". Nature 334 (6180): 364–6. Bibcode:1988Natur.334..364S. PMID 3393228. doi:10.1038/334364a0. 
  6. Bochman, M. L.; Paeschke, K. & Zakian, V. A. (Novembro de 2012). "DNA secondary structures: stability and function of G-quadruplex structures". Nature Reviews. Genetics 13 (11): 770–80. PMC 3725559. PMID 23032257. doi:10.1038/nrg3296. 
  7. Han, H. & Hurley, L. H. (Abril de 2000). "G-quadruplex DNA: a potential target for anti-cancer drug design". Trends in Pharmacological Sciences 21 (4): 136–42. PMID 10740289. doi:10.1016/s0165-6147(00)01457-7. 
  8. Rhodes, D. & Lipps, H. J. (Outubro de 2015). "G-quadruplexes and their regulatory roles in biology". Nucleic Acids Research 43 (18): 8627–37. PMC 4605312. PMID 26350216. doi:10.1093/nar/gkv862. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.